Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 23 de xuño de 2023 Páx. 39521

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 9 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, polo que se notifica a resolución do expediente SPA-PO-0019/2022-ON.

De conformidade co disposto no artigo 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio.

Para coñecer o contido integro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias, Servizo de Sanidade e Produción Vexetal, situadas na rúa Irmandiños s/n, Salgueiriños, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro do Medio Rural no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Transcorrido este prazo sen terse presentado o dito recurso, esta resolución adquirirá carácter de firmeza en vía administrativa e será inmediatamente executiva de conformidade co previsto no artigo 90 da citada norma.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2023

Silvestre Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

Expediente número: SPA-PO-0019/2022-ON.

DNI da persoa interesada: 76996726V.

Acto de notificación: resolución de expediente sancionador.