Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 22 de xuño de 2023 Páx. 39233

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tomiño

ANUNCIO de notificación en procedemento de execución subsidiaria de limpeza de parcela.

Mediante o Decreto da Concellaría de Medio Ambiente, do 16 de maio de 2023, acórdase ordenar a execución forzosa mediante a execución subsidiaria de limpeza de parcela, consistente na xestión da biomasa, parcela identificada coa referencia catastral 36054A099001400000EW.

Ao ignorarse o enderezo para realizar a notificación, de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou o medio a que se refire o ordinal 1º deste artigo, ou ben, tentada a notificación, esta non se puidese efectuar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado; e porase en coñecemento do interesado que o contido íntegro do mencionado decreto se atopa á súa disposición no Departamento de Urbanismo do Concello de Tomiño, de conformidade co disposto no artigo 46 da mencionada Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio. Unha vez transcorrido o dito prazo, a notificación enténdese producida e o interesado pode interpoñer os seguintes recursos: a) Con carácter potestativo, recurso de reposición ante a Alcaldía, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación. Se transcorre un mes desde o día seguinte ao da interposición do recurso de reposición sen que este fose resolto e notificado, poderase entender que foi desestimado e interpor o recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, no prazo de seis meses. b) Recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo dentro do prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da notificación.

Poderá interpor calquera outro que crea conveniente ao seu dereito.

Tomiño, 29 de maio de 2023

A alcaldesa en funcións
P.D. (Acordo do 13.9.2019)
Ana Belén Casaleiro González
Concelleira de Medio Ambiente en funcións