Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 22 de xuño de 2023 Páx. 39218

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 5 de xuño de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 20 de marzo de 2023, relativa á revisión do esbozo formulada polos representantes do monte veciñal en man común Medo de Tioira, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Tioira e O Batán, no concello de Maceda.

Unha vez examinada a solicitude de revisión do esbozo formulada polos representantes do monte veciñal en man común (MVMC) Medo de Tioira, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) de Tioira e O Batán, no concello de Maceda, resultan os seguintes feitos:

Primeiro. O 16.9.2022, a CMVMC de Tioira e O Batán presentou unha solicitude (Rexel núm. 2022/2290107) de revisión do esbozo do MVMC Medo de Tioira, no concello de Maceda.

Coa solicitude achegaron a seguinte documentación:

– Certificación do acordo da Asemblea Xeral do 16.6.2022.

– Memoria e planos.

– Arquivos xeográficos en formato vectorial.

Segundo. O Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Ourense emitiu un informe favorable o día 7 de decembro de 2022 en relación coa citada solicitude. Nel indícase que o perímetro obxecto de revisión inclúe as partes do perímetro lindeiras con particulares. Non se modifican os límites cos montes veciñais estremeiros.

A superficie do MVMC Medo de Tioira, unha vez revisado o esbozo, resulta de 271,554 ha fronte ás 303 ha do acordo de clasificación, o que supón unha redución do 10,4 %.

Tendo en conta o anterior, emítese informe favorable da revisión do esbozo do MVMC Medo de Tioira.

Consideracións legais e técnicas:

A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, na súa disposición transitoria décimo terceira, establece o procedemento de revisión de esbozos de montes veciñais en man común.

De acordo con ela, os esbozos de montes veciñais integrados nun expediente que, pola súa antigüidade, non reúnan as características de fiabilidade e precisión que exixen as novas técnicas topográficas, poderán ser obxecto de revisión e axustarse e completarse con aqueles datos e documentos que se consideren necesarios, en particular, os requiridos para a súa inmatriculación no Rexistro da Propiedade.

De acordo cos feitos e fundamentos de dereito expostos, tendo en conta o informe favorable do Servizo de Montes do día 7 de decembro de 2022, o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común acordou, por unanimidade, o día 27 de febreiro de 2023:

Aprobar a proposta de revisión do esbozo do MVMC Medo de Tioira, pertencente á CMVMC de Tioira e O Batán, no concello de Maceda.

Ourense, 5 de xuño de 2023

Luis Jorge Álvarez Ferro
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense