Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 21 de xuño de 2023 Páx. 38971

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 6 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se acorda notificar a resolución de denegación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia PO-2023/00061 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), por non ser posible a notificacion persoal aos interesados, notifícaselles ás persoas abaixo relacionadas que resolvo publicar por este medio que se ditou resolución de denegación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O expediente relacionado está á disposición da persoa interesada na Xefatura Territorial de Pontevedra, sita na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 9º andar, 36003 Pontevedra.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Pontevedra, 6 de xuño de 2023

Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

NIF/NIE/pasaporte

PO-2023/00061

X7401234H

PO-2023/00061

Y5173591P

PO-2023/00127

49702340F

PO-2023/00127

28976062H

PO-2023/00314

Y4386842C

PO-2023/00314

Q571519