Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 21 de xuño de 2023 Páx. 38968

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 7 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, da convocatoria para o levantamento de actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo proxecto dunha instalación eléctrica no concello de Chantada (expediente IN407A 2022/72-2).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto da seguinte instalación eléctrica: Regulamentación LAMT CHA811 O Saviñao 11 e CHA813 Currelos 13 entre AP D32 e AP D47 Chantada (Lugo), segundo se sinala no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmos ou representados por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade que invocan.

Lugo, 7 de xuño de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Denominación: Regulamentación LAMT CHA 811 O Saviñao 11 e CHA813 Currelos 13 entre AP D32 e AP D47 en Chantada (Lugo).

Convocatoria de levantamento de actas previas: concello de Chantada.

Expediente: IN407A 2022/72-2.

Predio

Políg.

Parc.

Lugar

Cultivo

Propietario

Apoio nº

Sup. (m2)

Data do acto

Hora

Concello

1

16

284

Coto

Matogueira

Fiscal Audiencia Provincial (representa a hdros. de Autora Lorenzana Fernández)

D42

2.0

13.9.2023

10.00

Chantada

2

16

327

Coto

Matogueira

Fiscal Audiencia Provincial (representa a Regina Fernández Penas)

D46

2.0

13.9.2023

10.00

Chantada