Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 21 de xuño de 2023 Páx. 38876

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 30 de maio de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Sada (expediente IN407A 2023/128-1).

Expediente: IN407A 2023/128-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT Soutilo.

Concello: Sada.

1. Características técnicas:

Modificación, mantendo a súa situación actual, do apoio núm. 31-5 (matrícula: AKIL7WN7) de formigón tipo HV-400/13-CR-CA(CS)-XS pertencente á arquitectura do treito aéreo da liña SAD-704 autorizado no expediente 34.914, consistente na instalación dun paso aero-soterrado (PA/S) e dunha nova terminal de conexión.

Modificación do treito soterrado da liña SAD-704 autorizado no expediente IN407A 2005/140-1, de alimentación ao CT Praia Cirro (matrícula: 15CCVP), consistente na instalación en vieiro público dun novo punto de acceso á rede (arqueta) preto do apoio núm. 31-5 modificado.

Instalación, proxectada na parcela con referencia catastral 7132924NJ5073S0001YI, sita no lugar de Soutilo (Veigue), dun novo centro de transformación prefabricado de formigón, compacto de manobra exterior, cunha configuración de celas 2L+1P con illamento en SF6, telecontrolado, de 250 kVA de potencia e relación de transformación 15/0,4-0,23 kV, dotado de cadro de baixa tensión con catro (4) saídas e equipamento de telexestión.

Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 15 kV, de 2 × 185 (+13) metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3 (1 × 240 mm² Al), con orixe nos empalmes MT que se realizarán na nova arqueta proxectada e remate no paso aero-soterrado (PA/S) que se instalará no apoio núm. 31-5 modificado, tras entrar e saír no novo CT Soutilo proxectado. Esta operación suporá a substitución de 13 metros de condutor tipo RHZ1 12/20 kV 3(1 × 240 mm² Al) da liña soterrada existente.

Reordenación da rede de baixa tensión (RDBT) actualmente alimentada polo CT Veigue (expedientes 7.096 e IN407A 2019/916-1/matrícula: 15C482), que resultará parcialmente descargado, mediante a instalación de dous (2) novos circuítos soterrados de baixa tensión (RBTS), de 2 × 23 metros de lonxitude en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4(1 × 240 mm2 Al), con orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do CT proxectado e remate nos acoplamentos coa rede aérea de baixa tensión existente que se realizará nos pasos soterrado-aéreos (PS/A) proxectados en apoio de formigón tipo HV-400/9 existente.

Reforzo da rede aérea de baixa tensión (RBTA) existente, mediante a substitución do actual condutor tipo LC-28 polo novo condutor tipo RZ 0,6/1 kV 3(1 × 25/54,6 mm2 Al/Alm), no treito de 121 metros comprendido entre apoios de formigón tipo HV-630/9 e HV-250/9 existentes.

1. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19.3.2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña, (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica, e de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas, no prazo de 30 días contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 30 de maio de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

LMT, CT e RBT Soutilo

Relación de bens e dereitos afectados, concello de Sada

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (LMT e CT e/ou apoios)

LMT soterrada

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Descoñecido

7132924NJ5073S0001YI

Soutilo

CT e acceso

24,3

Urbano.

Solo sen edificar