Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 21 de xuño de 2023 Páx. 38709

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

ORDE do 8 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de estadías formativas en entidades e empresas vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia, destinados ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (programa Xuventude Mentoring na empresa, código de procedemento BS324D).

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 27, números 22, 23 e 24, establece que lle corresponde á Comunidade Autónoma galega a competencia exclusiva nas materias de promoción do deporte e a adecuada utilización do lecer e a asistencia social, así como a promoción do desenvolvemento comunitario que se aplica, entre outros, ao ámbito da mocidade.

Mediante o Decreto 285/1989, do 16 de decembro, asúmense as funcións e servizos transferidos pola Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de promoción sociocultural, no ámbito da mocidade e desenvolvemento comunitario.

A Lei 6/2012, do 19 de xuño, de xuventude de Galicia, sinala no seu artigo 7 que constituirán obxectivos prioritarios da planificación xeral dos programas relacionados coa educación o apoio da educación non formal da xuventude como complemento da educación regrada, co obxecto de contribuír á aprendizaxe permanente. Así mesmo, no artigo 8 recolle que a Xunta de Galicia promoverá políticas activas que favorezan o emprego xuvenil, que terán, con carácter xeral, os obxectivos da mellora da empregabilidade da mocidade, a mellora da adaptabilidade e a igualdade de oportunidades da mocidade, en especial a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres no ámbito laboral. E, por último, no seu artigo 15 dispón que a Xunta de Galicia potenciará a mobilidade entre a mocidade galega, desenvolvendo programas para a realización de estudos, cursos e actividades noutras comunidades autónomas, na Unión Europea e noutros países, co obxectivo de potenciar o coñecemento da diversidade e a riqueza cultural, o que contribuirá á súa formación e posterior inserción laboral.

Segundo o Decreto 124/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Social e Xuventude, correspóndelle á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, entre outras funcións, a xestión das actuacións en materia de mocidade, así como das políticas xuvenís de carácter interdepartamental e de apoio ao desenvolvemento da actividade xuvenil.

A Consellería de Política Social e Xuventude considera prioritario apoiar, deseñar, promover, organizar e coordinar programas, desde o ámbito da educación non formal, destinados ao desenvolvemento de capacidades e competencias na xuventude, así como á mellora da súa empregabilidade e das súas posibilidades de emancipación.

Neste ámbito enmárcase esta orde, destinada á posta en marcha, a través de entidades colaboradoras, de programas de estadías formativas en empresas ou entidades públicas ou privadas, vinculadas a sectores estratéxicos en Galicia, de modo que incrementen as posibilidades de inserción laboral das persoas mozas participantes, posibilitando a captación e retención de talento naqueles sectores económicos considerados claves para a nosa economía.

Estas subvencións serán outorgadas en réxime de concorrencia competitiva con cargo aos créditos que para cada ano se especifiquen na correspondente lei de orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia e estarán cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) nunha porcentaxe do 80 %, no marco do Programa operativo de emprego xuvenil (POEX), do seguinte xeito:

1. Eixe 1B: fomento do emprego sustentable e de calidade e da mobilidade laboral.

2. Obxectivo temático 8: promover a sustentabilidade e a calidade no emprego e favorecer a mobilidade laboral.

3. Prioridade de investimento 8.2: integración sustentable no mercado de traballo das persoas mozas, en particular daquelas, sen traballo e non integradas nos sistemas de educación ou formación así como os mozos que corren o risco de sufrir exclusión social e os procedentes de comunidades marxinadas, tamén a través da aplicación de Garantía xuvenil.

4. Obxectivo específico 8.2.2: reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais das persoas mozas non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación.

5. Medida 8.2.2.6: prácticas non laborais en empresas.

A liña de actuación de mellora da empregabilidade encádrase no catálogo de actuacións recollidas no Sistema nacional de garantía xuvenil (en diante, SNGX), regulado na Lei 18/2014, do 15 de outubro, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia, modificada pola Lei 25/2015, do 28 de xullo, de mecanismo de segunda oportunidade, redución da carga financeira e outras medidas da orde social, e polo Real decreto lei 6/2016, do 23 de decembro, de medidas urxentes para o impulso do Sistema nacional de garantía xuvenil, modificado polo Real decreto lei 8/2019, do 8 de marzo, de medidas urxentes de protección social e de loita contra a precariedade laboral na xornada de traballo, así como polo Real decreto lei 2/2021, do 26 de xaneiro, de reforzo e consolidación de medidas sociais en defensa do emprego.

Esta orde é coherente coa normativa comunitaria, en particular co Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello, que permite o financiamento de gasto realizado ata o 31 de decembro de 2023, e co Regulamento (UE) nº 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo ao Fondo Social Europeo e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1081/2006 do Consello, no eido da concesión e xustificación de subvencións por medio dos custos simplificados, que teñen por obxectivo a simplificación da xestión administrativa e das obrigas de xustificación impostas a persoas beneficiarias, regulamentos modificados polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018, sobre as normas financeiras aplicables ao orzamento xeral da Unión, polo que se modifican os regulamentos (UE) nº 1296/2013, (UE) nº 1301/2013, (UE) nº 1303/2013, (UE) nº 1304/2013, (UE) nº 1309/2013, (UE) nº 1316/2013, (UE) nº 223/2014 e (UE) nº 283/2014 e a Decisión nº 541/2014/UE, e polo que se derroga o Regulamento (UE, Euratom) nº 966/2012.

A orde axústase ao disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006; na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno; na Orde ESS/1924/2016, do 13 de decembro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo durante o período de programación 2014-2020. A Orde ESS/1924/2016, do 13 de decembro, segue estando vixente e é de referencia para os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo durante o período 2014-2020.

Na súa virtude, en uso das facultades que me confire o artigo 34.6 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

RESOLVO:

Artigo 1. Obxecto e procedemento

1. Esta orde ten por obxecto establecer o procedemento de concesión de subvencións para a posta en marcha de programas de estadías formativas para persoas mozas en empresas ou entidades públicas ou privadas, vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia (programa Xuventude Mentoring na empresa 2023).

O procedemento de concesión das subvencións será en réxime de concorrencia competitiva e conforme os principios de publicidade, transparencia, igualdade e non discriminación.

2. A finalidade destes programas é reforzar a empregabilidade e as habilidades e competencias profesionais das persoas mozas inscritas no SNGX, non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, contribuíndo á mellora da súa formación mediante a adquisición de experiencia profesional para a súa incorporación ao mercado de traballo, cos seguintes obxectivos específicos:

a) Potenciar os programas de educación non formal en que as persoas mozas adquiran os coñecementos e habilidades máis demandados no contexto laboral actual.

b) Achegar as persoas mozas á realidade empresarial e mellorar a súa autonomía persoal.

c) Crear un ecosistema favorable á creación de oportunidades de emprego xuvenil.

d) Favorecer a captación e retención de talento en sectores económicos clave para a economía galega.

3. A realización das estadías formativas que formen parte das accións destes programas xerará o dereito a solicitar a expedición do certificado de experiencias en educación non formal en materia de mocidade, regulado na Orde do 26 de febreiro de 2015 pola que se regula o certificado de experiencias de educación non formal en materia de xuventude.

4. O procedemento de concesión das subvencións no programa Xuventude Mentoring na empresa establecidas nesta orde identificarase co código BS324D.

Artigo 2. Entidades beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias das subvencións previstas nesta orde:

a) As entidades privadas sen ánimo de lucro legalmente constituídas con sede permanente ou domicilio social en Galicia que desenvolvan actividades no eido da mocidade e/ou do emprego, e cumpran os requisitos establecidos na convocatoria.

b) Os concellos galegos, mancomunidades de concellos ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a un concello, cuxa titularidade corresponda integramente a este, así como as entidades resultantes da fusión de concellos a que se refire a Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia.

Así mesmo, aqueles concellos que, sen constituíren mancomunidade, acorden desenvolver programas conxuntos de actuación, poderán solicitar as subvencións que regula esta orde, de conformidade co Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 28 de febreiro de 2013, polo que se determinan os criterios aplicables ás subvencións destinadas ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para primar proxectos de xestión compartida e incentivar procesos de fusión municipal. Neste suposto, todos os concellos quedarán obrigados solidariamente ao cumprimento das obrigas que deriven da concesión da subvención.

Será requisito para a concesión da subvención que a entidade local solicitante ou entidades locais no caso de solicitudes presentadas por agrupación de concellos cumprisen coa súa obriga de remisión ao Consello de Contas das contas xerais do último exercicio a que estean obrigadas.

2. Para os efectos de lograr unha mellor e máis ampla distribución do importe da convocatoria, unha mesma entidade non poderá presentar máis dunha solicitude.

Así mesmo, ningún concello ou entidade local dos sinalados no número anterior poderá:

a) Presentar a solicitude de subvención no suposto de que a entidade local en que estea integrado ou da cal dependa a presentase.

b) Figurar en máis dunha solicitude colectiva.

c) Figurar nunha solicitude colectiva e subscribir outra individual.

O incumprimento destas obrigas dará lugar á non admisión de todas as solicitudes individuais de subvención subscritas pola entidade de que se trate, dando validez á solicitude realizada de forma conxunta. No caso de figurar en máis dunha solicitude conxunta, non será admitida ningunha delas.

3. Serán excluídas as entidades solicitantes que se encontren nalgunha das situacións de prohibición recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. Non poderán obter a condición de beneficiarias das subvencións aquelas entidades que non estean ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social, ou teñan pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

Artigo 3. Requisitos das persoas mozas participantes nos programas de estadías formativas-programa Xuventude Mentoring na empresa

As persoas mozas que formen parte dos programas de estadías formativas-programa Xuventude Mentoring na empresa deberán cumprir os seguintes requisitos na data en que a entidade beneficiaria da subvención realice a súa selección:

a) Ter feitos os 18 anos e non superar a idade máxima que estableza a normativa vixente do SNGX, de conformidade co disposto no artigo 97.c) da Lei 18/2014, do 15 de outubro, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia.

b) Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.

c) Estar inscritas no SNGX e figurar como beneficiarias no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Fases dos programas de estadías formativas-programa Xuventude Mentoring na empresa

1. Os programas de estadías formativas-programa Xuventude Mentoring na empresa das entidades beneficiarias da subvención deberán respectar as seguintes 3 fases:

a) Organización e planificación: inclúe a convocatoria para a selección das persoas mozas participantes, que será obxecto de publicidade, o proceso selectivo e a preparación en competencias laborais, busca das empresas ou entidades en que se desenvolvan as estadías.

As empresas ou entidades en que se realicen as estadías formativas deberán ser galegas ou ter centros de traballo en Galicia e estar vinculadas aos seguintes sectores económicos estratéxicos para a nosa comunidade:

• Aeronáutica.

• Agroalimentación.

• Biotecnoloxía.

• Automoción.

• Enerxías renovables.

• Madeira/forestal.

• Metalmecánico.

• Naval.

• Pedra natural.

• Téxtil/moda.

• Tecnoloxías da información e da comunicación.

• Calidade de vida e benestar.

b) Execución e seguimento das actividades: realización das estadías formativas nas empresas/entidades seleccionadas e seguimento durante a súa realización, titorización das estadías e realización de itinerarios personalizados de inserción das persoas participantes.

c) Avaliación e seguimento posterior á realización das estadías formativas: inclúe a avaliación dos resultados de aprendizaxe obtidos polas persoas participantes durante a actividade que suporá a realización como mínimo dunha xornada de orientación laboral co fin de facilitar a súa inserción laboral, antes do vencemento do prazo de xustificación da subvención. Seguimento e apoio ás persoas participantes, por un período mínimo de 6 meses unha vez finalizadas as estadías.

2. As tres fases teñen que estar interrelacionadas e deseñadas para asegurar que cada persoa moza recibe a atención necesaria para maximizar a efectividade de cada programa.

Artigo 5. Duración e características dos programas de estadías formativas-programa Xuventude Mentoring na empresa

1. Os programas de estadías formativas-programa Xuventude Mentoring na empresa deberán cumprir as seguintes condicións:

a) Contar cun mínimo de 10 e un máximo de 25 persoas mozas participantes que reúnan os requisitos establecidos no artigo anterior.

b) O período de realización de estadías formativas nas entidades ou empresas será de 3 meses consecutivos, agás causa xustificada, motivada por escrito. Os meses non naturais (cando non comezan no primeiro día do mes) contaranse desde o día de inicio das estadías do mes en curso ata o mesmo día do mes seguinte.

Considéranse causas xustificadas, en todo caso: a entrevista laboral ou a sinatura dun contrato de traballo; a concesión dunha bolsa de traballo ou de estudos, a realización de exames de estudos oficiais; a enfermidade grave da persoa participante ou a enfermidade grave/morte ou hospitalización dun familiar de ata 2º grao, ou outra causa xustificada non imputable á persoa beneficiaria.

c) As estadías formativas poderán comezar a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de concesión das subvencións e unha vez aceptada esta e rematado o proceso de selección das persoas mozas participantes de acordo co establecido nos artigos 22 e 23 desta orde. Deberán finalizar, como data límite, o 31 de outubro de 2023.

O tempo de interrupción, establecido en la letra b), quedaría excluído do período de estadías formativas e non xera ningún dereito económico para as persoas beneficiarias.

d) As horas formativas nas entidades ou empresas en que se realicen as estadías terán unha duración mínima de 100 horas mensuais e un mínimo de catro días semanais. Estas horas deberán acreditarse mediante unha proba documental de asistencia diaria ás estadías formativas, na cal consten os días laborables da semana, a hora de entrada e saída e a sinatura da persoa participante e da responsable de titorizar as estadías formativas na entidade ou empresa, e segundo o modelo establecido para o efecto (anexo IV-bis).

e) Os programas presentados deberán contar cun plan formativo complementario en habilidades e competencias para o emprego, cun mínimo de 20 horas lectivas, que se poderán impartir en modalidade presencial, teleformación ou mixta. O plan formativo será desenvolto e impartido pola entidade beneficiaria da subvención.

2. As estadías formativas desenvolveranse conforme o establecido no Real decreto 1543/2011, do 31 de outubro, polo que se regulan as prácticas non laborais en empresas, así como no Real decreto 1493/2011, do 24 de outubro, polo que se regulan os termos e as condicións de inclusión no réxime xeral da Seguridade Social das persoas que participen en programas de formación, en desenvolvemento do previsto na disposición adicional terceira da Lei 27/2011, do 1 de agosto, sobre actualización, adecuación e modernización do sistema da Seguridade Social.

Artigo 6. Recursos humanos mínimos dos programas de estadías formativas-programa Xuventude Mentoring na empresa

Ademais dos requisitos anteriores, os programas de estadías formativas-programa Xuventude Mentoring na empresa deberán contar, como mínimo, cos seguintes recursos humanos:

a) Unha persoa responsable do programa, que o coordine e xestione durante toda a súa duración. A súa porcentaxe media de dedicación ao programa durante todas as fases non poderá ser inferior ao 10 % da xornada completa (37 horas e media semanais).

b) Unha persoa que exerza a figura de titor/a encargado/a do seguimento da formación das persoas participantes nas estadías e que titorice, xunto coa persoa responsable de cada empresa, as estadías formativas. A súa porcentaxe media de dedicación ao programa durante todas as fases non poderá ser inferior ao 75 % da xornada completa (37 horas e media semanais).

Artigo 7. Gastos subvencionables

1. Terán a consideración de gastos subvencionables aqueles que respondan á natureza da actividade subvencionada e resulten estritamente necesarios para o desenvolvemento dos programas.

A entidade beneficiaria deberá realizar por si mesma a actividade subvencionada, polo que a subcontratación só estará permitida nos termos definidos e cos límites previstos neste punto e no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e 43 do seu regulamento. Queda fóra desta obriga a contratación daqueles gastos en que teña que incorrer a entidade beneficiaria da subvención para realizar por si mesma a actividade subvencionada.

En todo caso, deberán respectar o disposto na Orde ESS/1924/2016, do 13 de decembro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo durante o período de programación 2014-2020.

2. O período de subvencionabilidade dos ditos gastos será desde o día seguinte ao da publicación das bases reguladoras ata o 20 novembro de 2023.

Cando formen parte da conta xustificativa documentos de gastos, xerados dentro do período subvencionable, de nóminas ou que comporten ingresos á conta do IRPF ou cotas por seguros sociais liquidables con posterioridade á data de xustificación, o importe destes ingresos ou cotas considérase xustificado coa presentación do documento de gasto, factura ou documento equivalente, en que se reflicta o importe da retención ou cotización devindicadas na data de xustificación, e a entidade beneficiaria queda obrigada a presentar os documentos acreditativos da súa liquidación con data límite na segunda quincena de decembro de 2023.

3. Nesta convocatoria incorpórase o establecemento de método de custos simplificados conforme o disposto no artigo 14 do Regulamento (UE) nº 1304/2013, modificado polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018, «as normas xerais aplicables ás opcións de custos simplificados a título do FSE establécense nos artigos 7, 68 e 68 bis do Regulamento (UE) nº 1303/2013». En concreto, con base no artigo 67.5.d) do Regulamento (UE) nº 1303/2013, establécese un financiamento a tipo fixo, en función dos custos directos de persoal subvencionables máis o 40 % destes custos directos de persoal para outros custos directos e indirectos vinculados á actividade subvencionada.

En todo caso, o importe máximo da axuda que se concederá a cada entidade beneficiaria establécese en 120.000 €.

4. Serán subvencionables en concepto de custos directos de persoal:

a) As retribucións salariais brutas totais do persoal de nova contratación incorporado cunha dedicación do 100 % ao programa, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias e as cotas á Seguridade Social a cargo da entidade contratante.

Nos contratos de traballo que se formalicen deberán facerse constar as funcións que se realizarán, a vinculación ao programa, o cofinanciamento polo Fondo Social Europeo, Programa operativo de emprego xuvenil e a porcentaxe de cofinanciamento do 80 % no eixe 1B, obxectivo temático 8, prioridade de investimento 8.2, obxectivo específico 8.2.2, medida 8.2.2.6.

b) As retribucións salariais brutas totais do persoal propio da entidade, sen limitación porcentual, correspondentes ao tempo efectivo dedicado á execución das actividades descritas no artigo anterior, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias e as cotas á Seguridade Social a cargo da entidade empregadora.

Neste caso deberá achegarse unha resolución expresa acreditativa da adscrición do persoal ao programa, coa porcentaxe de xornada destinada ao programa e o período polo cal se adscribe.

c) No caso de contratación mercantil para a realización de actividades de formación, serán subvencionables os custos de persoal que formen parte da prestación do servizo externo, sempre que o persoal sexa necesario para o desenvolvemento da actividade subvencionada, e o custo pola súa contratación estea claramente identificado e detallado na factura.

Para a determinación dos custos directos de persoal terase en conta soamente o tempo efectivo dedicado á execución da actividade subvencionada, segundo o previsto na letra c) do artigo 5.1 da Orde ESS/1924/2016, do 13 de decembro; para estes efectos, non se computarán as situacións con dereito a retribución en que non se presta servizo efectivo, como as ausencias ou as incapacidades temporais, nin as situacións recollidas no artigo 37.3 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

5. Serán subvencionables en concepto doutros custos directos:

a) A elaboración e deseño de materiais e guías formativas.

b) A organización das estadías e as actividades formativas e visitas a empresas.

c) Os gastos de publicidade para a organización e difusión da actividade subvencionada.

d) Os gastos de seguros destinados a cubriren continxencias de risco derivadas da actuación subvencionada.

e) Os gastos de transporte e axudas de custo por desprazamentos das persoas mozas participantes e das persoas titoras e responsables do programa.

As axudas de custo por desprazamento das persoas mozas participantes non poderán ser inferiores a 100 euros/mes cando o concello do centro de realización da estadía formativa non sexa o mesmo que o concello de residencia. Estas axudas de custo son independentes das bolsas sinaladas no número sétimo.

6. Serán subvencionables en concepto de custos indirectos os gastos correntes que non se corresponden en exclusiva coa actividade subvencionada por ter carácter estrutural e que resulten necesarios para o seu desenvolvemento, como gastos en bens consumibles e en material funxible, comunicacións, gastos de alugamento e de mantemento de instalacións (luz, auga, calefacción, teléfono, limpeza e seguridade).

Para a determinación do importe subvencionable correspondente aos outros custos directos e indirectos anteriormente citados, tomamos como referencia o que se establece no artigo 67.5.d) do Regulamento (UE) 1303/2013 e, adicionalmente, o artigo 68.ter do Regulamento 1303/2013, introducido polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046, polo que será subvencionable por estes conceptos o resultado de aplicar o 40 % aos custos directos de persoal subvencionable.

7. Adicionalmente, de acordo co previsto no artigo 68 ter.1 do Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046, os salarios e indemnizacións aboados ás persoas mozas participantes terán a consideración de custo subvencionable adicional non incluído no tipo fixo, polo que serán subvencionables, de forma independente ao resto de conceptos e aboadas a custo real as bolsas de formación outorgadas ás persoas mozas participantes en concepto de salario ou indemnización.

Estas bolsas non poderán ser inferiores á metade do salario mínimo interprofesional en cómputo anual, coas pagas extras incluídas e polos meses de duración das estadías formativas, vixente no momento da publicación destas bases reguladoras, incrementándose en 100 euros/mes para o caso de persoas mozas con discapacidade igual ou superior ao 33 %. A devandita cantidade deducirase proporcionalmente para o caso de meses non completos.

8. Non será subvencionable o seguimento e apoio ás persoas participantes, por un período mínimo de 6 meses unha vez finalizadas as estadías, a excepción do tempo transcorrido entre a fin das estadías e a realización da xornada de orientación laboral a que fai referencia o artigo 4.1.c).

Artigo 8. Financiamento

1. Estas axudas estarán cofinanciadas nunha porcentaxe do 80 % polo Fondo Social Europeo, Programa operativo de emprego xuvenil 2014-2020, dentro do eixe 1B, Fomento do emprego sustentable e de calidade e da mobilidade laboral; obxectivo temático 8, Promover a sustentabilidade e a calidade no emprego e favorecer a mobilidade laboral; prioridade de investimento 8.2, Integración sustentable no mercado de traballo das persoas mozas, en particular daquelas, sen traballo e non integradas nos sistemas de educación ou formación, así como os mozos, que corren o risco de sufrir exclusión social e os procedentes de comunidades marxinadas, tamén a través da aplicación de Garantía xuvenil; obxectivo específico 8.2.2, Reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais das persoas mozas non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación.

2. Para o financiamento destas subvencións existe crédito suficiente e adecuado na Lei 6/2022, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023, cunha contía total de 1.289.507,48 euros (código de proxecto 2022 00109).

3. A distribución inicial de créditos fíxase do seguinte xeito:

a) 250.000,00 euros con cargo á aplicación orzamentaria 13.06.313A.460.0 (código de proxecto 2022 00109) para cofinanciamento de programas de estadías formativas en Galicia vinculadas a sectores estratéxicos presentadas por concellos, agrupacións de concellos ou mancomunidades de Comunidade Autónoma de Galicia validamente constituídas.

b) 1.039.507,48 euros con cargo á aplicación orzamentaria 13.06.313A.481.0 (código de proxecto 2022 00109) para cofinanciamento de programas de estadías formativas en Galicia vinculadas a sectores estratéxicos presentadas por entidades privadas sen ánimo de lucro, con sede permanente ou domicilio social en Galicia.

4. Os importes de cada aplicación poderán ser incrementados ou minorados como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos destinados ao financiamento dos programas do Sistema nacional de garantía xuvenil, nos supostos e nas condicións previstas nos artigos 30 e 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Para iso, é necesario o informe favorable previo da modificación orzamentaria por parte do organismo intermedio do POEX 2014-2020, actualmente a Dirección Xeral de Política de Cohesión e Fondos Europeos.

Artigo 9. Incompatibilidade das subvencións

As subvencións establecidas nesta convocatoria son incompatibles con calquera outro tipo de subvención ou bolsa de institucións públicas, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, destinadas a actividades similares coa mesma finalidade.

A incompatibilidade aplícase desde a data de publicación da resolución definitiva de concesión das subvencións ata a data de finalización das estadías formativas establecidas nesta convocatoria.

Artigo 10. Solicitudes e prazo de presentación

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

3. Para resolver as dúbidas relacionadas con dificultades técnicas ou no caso de máis información durante o proceso de obtención dos formularios e da súa presentación por vía electrónica, as persoas interesadas poderán facer as súas consultas ao teléfono de información 012 ou ao enderezo electrónico 012@xunta.gal

Se as dúbidas están relacionadas coa presente convocatoria, poderán facer as súas consultas no correo electrónico programas.xuventude@xunta.gal

Artigo 11. Documentación complementaria

1. As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Memoria explicativa do programa, no modelo que se publica como anexo II para cada procedemento, que deberá facer referencia aos seguintes aspectos:

– Descrición do programa e das súas fases.

– Horas de formación que se van impartir.

– Actividades, sectores e ámbito territorial en que se pretende actuar.

– Relación dos recursos humanos propios de que dispón a entidade solicitante en que se especifiquen as condicións daqueles, con indicación dos que se van afectar para levar a cabo as accións propostas.

No caso de que a entidade beneficiaria solicitante da subvención non teña medios humanos suficientes, expresarase o número de persoas que se contratarán con indicación da xornada que desenvolverán e o compromiso expreso de enviar a relación dos recursos humanos propios indicada no parágrafo anterior en canto se realice a contratación.

– Experiencia da entidade solicitante nos últimos tres anos en programas de mellora da empregabilidade para persoas mozas.

b) Se é o caso, anexo/s IV, acordo das entidades beneficiarias coas empresas/entidades para a realización das estadías formativas en Galicia, debidamente asinado/s.

c) Acreditación da persoa que, en nome e representación da entidade, asina a solicitude, mediante a correspondente documentación de apoderamento, resolución, mandato, certificado expedido polo secretario ou secretaria, ou acta, onde se determine a dita representación.

d) Documentación acreditativa da personalidade xurídica da entidade solicitante mediante copia da escritura de constitución e dos estatutos da entidade solicitante, onde conste que dispón de personalidade xurídica e carece de fins lucrativos. Quedan exceptuadas da presentación destes documentos as entidades locais, agás que concorran en agrupación de concellos constituída a través dun convenio de colaboración, suposto en que deberán achegar copia do devandito convenio.

e) Acreditación da persoa representante da entidade de que a entidade conta con capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da subvención.

f) No caso de agrupacións de concellos baixo calquera modalidade: anexo I-bis, pluralidade de entidades locais solicitantes, no caso de agrupacións de concellos ou mancomunidades de concellos, todos os concellos integrantes deberán cubrilo; copia do convenio de colaboración, memoria explicativa da realización conxunta do proxecto con indicación das achegas económicas ou doutra índole dos concellos agrupados, así como o nomeamento da persoa representante ou apoderada única da agrupación, de acordo co exixido no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Ademais, cada un dos concellos da agrupación deberá presentar unha declaración, asinada pola persoa representante legal de cada un deles, en que se recolla o conxunto de todas as axudas ou subvencións, solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade polas distintas administracións públicas competentes ou entes públicos estatais ou internacionais, segundo o modelo que aparece no anexo I.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Artigo 12. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a entidade interesada se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) NIF de cada unha das entidades locais que integran a agrupación de concellos.

d) DNI/NIE da persoa representante de cada entidade que integra a agrupación de concellos.

e) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria da entidade solicitante e de cada unha das entidades locais integrantes da agrupación de concellos.

f) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social da entidade solicitante e de cada unha das entidades locais integrantes da agrupación de concellos.

g) Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Tributaria de Galicia da entidade solicitante e de cada unha das entidades locais integrantes da agrupación de concellos.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

6. Consultaranse, ademais, os seguintes datos das persoas mozas participantes:

a) DNI/NIE da persoa moza participante.

b) Certificado de residencia con data de última variación padroal da persoa moza participante. No caso de que a última variación padroal sexa inferior a un ano, deberá achegarse certificado de residencia con data de última variación padroal.

b) Comprobación de estar inscrito/a e ser beneficiario/a no SNGX da persoa moza participante.

c) Certificado de discapacidade da persoa moza cando sexa expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 13. Emenda das solicitudes

Se na solicitude se apreciasen defectos ou falta de documentación, o órgano instrutor requirirá a persoa solicitante para que nun prazo de dez días hábiles emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Se non o fai considerarase desistida da súa petición, de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de resolución, que será ditada nos termos do seu artigo 21.

Artigo 14. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar logo da presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 15. Publicación e notificacións

Publicaranse no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, os actos administrativos e a correspondente resolución deste procedemento, sen prexuízo do recollido no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Con carácter complementario, serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da dirección xeral competente en materia de xuventude (http://xuventude.xunta.es).

Artigo 16. Instrución

A instrución do procedemento regulado nesta orde correspóndelle á subdirección xeral competente en programas e asesoramento para a xuventude da dirección xeral competente en materia de xuventude, e levarase a cabo conforme o estipulado no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Artigo 17. Comisión de avaliación

1. Crearase unha comisión para a valoración das solicitudes que se presenten neste procedemento, que estará integrada polos seguintes membros:

Presidente/a: a persoa titular da subdirección xeral competente en programas e asesoramento para a xuventude, ou persoa que a substitúa.

Secretario/a: unha persoa funcionaria da dirección xeral competente en materia de xuventude.

Vogais:

A persoa titular da xefatura do servizo con competencias en materia de programas e mobilidade xuvenil.

A persoa titular da sección con competencias en programas europeos.

Unha persoa empregada pública ao servizo da Administración xeral autonómica adscrita á dirección xeral competente en materia de xuventude.

2. Esta comisión poderá adoptar validamente os seus acordos sempre que asistan a ela a persoa que exerce a presidencia ou persoa que a substitúa, dous (2) vogais e o secretario ou secretaria. Se, por calquera motivo, no momento en que a Comisión de Avaliación teña que examinar as solicitudes, algunha das persoas que a compoñen non pode asistir, será substituída pola persoa empregada pública que para o efecto designe a persoa titular da dirección xeral competente en materia de xuventude.

3. A Comisión de Avaliación realizará un informe no cal constará o resultado da avaliación e a prelación das solicitudes por orde decrecente de puntuación. O dito informe será elevado ao órgano instrutor.

Artigo 18. Criterios de avaliación

1. Os criterios de avaliación das solicitudes serán os recollidos neste artigo. Como resultado da aplicación dos criterios de avaliación obterase unha relación ordenada de todas as solicitudes que cumpren coas condicións establecidas nas bases reguladoras para adquirir a condición de entidade beneficiaria, con indicación da puntuación outorgada a cada unha delas.

A puntuación máxima por programa será de 100 puntos, sen prexuízo do previsto para as solicitudes conxuntas presentadas ao abeiro do Acordo do Consello da Xunta, do 28 de febreiro de 2013, polo que se determinan os criterios aplicables ás subvencións destinadas ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para primar proxectos de xestión compartida e incentivar procesos de fusión municipal.

2. Os criterios xerais de avaliación para os programas de estadías formativas-programa Xuventude Mentoring na empresa son (máximo 100 puntos):

a) Programas que teñan como destinatarios/as como mínimo un 10 % de persoas mozas con discapacidade superior ou igual ao 33 %; e/ou vítimas de violencia de xénero ou persoas cuxas proxenitoras a sufrisen, e/ou persoas en risco de exclusión social: 10 puntos.

b) Melloras en recursos humanos respecto dos mínimos exixidos (ata 20 puntos).

Partindo de que a xornada completa é de 37 horas e media e tendo en conta os mínimos exixidos no artigo 6 (sexan 1 ou varias persoas):

1º. Aumento nun 25 % da xornada: 5 puntos.

2º. Aumento nun 50 % da xornada: 10 puntos.

3º. Aumento nun 75 % da xornada: 15 puntos.

4º. Aumento nun 100 % da xornada: 20 puntos.

c) Melloras na formación complementaria das persoas mozas participantes (ata 12 puntos):

Partindo de que o plan formativo complementario debe contar con un mínimo de 20 horas lectivas tendo en conta os mínimos exixidos no artigo 5:

1º. Aumento dun 25 %: 3 puntos.

2º. Aumento dun 50 %: 6 puntos.

3º. Aumento dun 75 %: 9 puntos.

4º. Aumento dun 100 %: 12 puntos.

d) Ter asinados acordos con entidades ou empresas para a realización das estadías formativas no momento de solicitar o programa (ata 16 puntos):

1º. Ter asinados acordos cunha empresa/entidade: 6 puntos.

2º. Ter asinados acordos con 2 empresas/entidades: 11 puntos.

3º. Ter asinados acordos con 3 empresas/entidades: 16 puntos.

e) Compromisos globais de inserción laboral adquiridos nos acordos coas empresas/entidades en que se desenvolverán as estadías formativas (ata 21 puntos):

1º. Entre o 10 e o 20 % das persoas mozas participantes: 6 puntos.

2º. Entre o 21 e o 30 % das persoas mozas participantes: 11 puntos.

3º. Entre o 31 e o 40 % das persoas mozas participantes: 16 puntos.

4º. Superiores ao 40 % das persoas mozas participantes: 21 puntos.

f) Programas nos cales máis do 60 % das persoas mozas participantes nas estadías formativas as desenvolvan en empresas/entidades situadas en concellos rurais: 11 puntos.

Considérase concello rural aquel que non conta con ningunha zona densamente poboada a nivel de parroquia (ZDP) segundo a clasificación publicada polo Instituto Galego de Estatística. Para estes efectos, considéranse concellos rurais todos os concellos galegos agás os seguintes: Cambre, A Coruña, Culleredo, Ferrol, Narón, Oleiros, Santiago de Compostela, Lugo, Barbadás, Ourense, Poio, Pontevedra e Vigo.

g) Ter xestionado en Galicia nos últimos tres anos programas específicos de mellora da empregabilidade destinados ás persoas mozas ou formar parte como entidade colaboradora do programa Xuventude Mentoring: 10 puntos.

3. De conformidade co Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 28 de febreiro de 2013, polo que se determinan os criterios aplicables ás subvencións destinadas ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para primar proxectos de xestión compartida e incentivar procesos de fusión municipal, establécese a seguinte puntuación adicional pola presentación de proxectos conxuntos:

a) A presentación da solicitude por parte dunha mancomunidade ou agrupación de concellos, excluída a modalidade de fusión municipal, supón un incremento do 30 % respecto da puntuación total. Este criterio subdivídese do seguinte xeito:

Pola mera presentación da solicitude conxunta: 10 puntos adicionais.

Polo número de concellos superior a dous que se asocien: 2 puntos adicionais por concello adicional asociado, ata un máximo de 10 puntos.

Pola valoración da memoria de aforro de custos que se conseguen coa presentación conxunta respecto da individual: 10 puntos.

b) A presentación da solicitude por parte dos concellos que fosen obxecto de fusión supón un incremento do 30 % respecto da puntuación total.

As solicitudes conxuntas deberán consistir na participación conxunta e efectiva no desenvolvemento da actividade común, mediante achegas de organización, medios persoais e materiais ou recursos financeiros para a finalidade compartida, de acordo coas respectivas competencias.

4. Para o caso de empate na puntuación entre varias entidades solicitantes das subvencións e co fin de determinar a orde de prelación entre programas que obtiveron a mesma puntuación, fíxase como sistema de desempate:

a) A maior valoración que realizase a comisión de avaliación en cada un dos criterios que se reflicten no punto 2 deste artigo e seguindo a orde establecida nel.

b) De persistir o empate, a orde de entrada da solicitude.

Artigo 19. Resolución

1. Correspóndelle á persoa titular da dirección xeral competente en materia de xuventude, por delegación da conselleira de Política Social e Xuventude, logo da proposta do órgano instrutor e da fiscalización pola Intervención, a competencia para a adxudicación das axudas mediante a correspondente resolución. A resolución será notificada de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, no prazo máximo de catro meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. A publicación da resolución terá os efectos de notificación.

2. Se transcorre o prazo máximo para resolver sen se ditar resolución expresa, as persoas interesadas poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

3. A resolución de concesión fixará expresamente:

a) O importe da subvención concedida.

b) A duración de cada programa.

c) A finalidade da subvención.

d) Igualmente, esta resolución comprenderá a identificación da entidade beneficiaria, contía da subvención e obrigas que correspondan á dita entidade beneficiaria, os requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos que deban obterse con ela, o plan financeiro e o prazo de execución, así como os demais requisitos previstos na normativa comunitaria para a selección de operación que debe conter o documento polo que se establecen as condicións da axuda (DECA).

4. Na resolución de concesión farase referencia ao cofinanciamento polo Fondo Social Europeo, no marco do Programa operativo de emprego xuvenil; e a porcentaxe de cofinanciamento do 80 % no eixe 1B, obxectivo temático 8, prioridade de investimento 8.2, obxectivo específico 8.2.2, medida.8.2.2.6.

5. O nome das entidades beneficiarias será publicado na lista de operacións prevista no artigo 115 do Regulamento (UE) 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Social Europeo e outros fondos.

6. Para dar cumprimento aos requisitos de información e comunicación previstos no anexo I do Regulamento (UE) 1304/2013 (modificado polo Regulamento 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo) proporciónase a aplicación informática Participa 1420, que permite o rexistro dos indicadores comúns e específicos, tanto de produtividade como de resultado inmediato e a longo prazo, garantindo a integridade dos datos e a depuración automática da información.

Cada entidade beneficiaria debe colaborar no rexistro de persoas participantes e a súa asociación á operación que desenvolven e na xestión da recollida da información requirida sobre os participantes.

7. Toda alteración das condicións que se tiveron en conta para a concesión da axuda e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

8. A resolución definitiva coa relación de entidades beneficiarias, excluídas, desestimadas, lista de agarda e renuncias será obxecto de publicidade, con carácter complementario, na páxina web da dirección xeral competente en materia de xuventude, http://xuventude.xunta.es

Artigo 20. Réxime de recursos

1. As resolucións ditadas neste procedemento esgotan a vía administrativa, polo que, de conformidade co previsto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contra elas poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, que comezará a contar desde o día seguinte ao da súa notificación, se esta for expresa. Se non o for, o prazo será de seis meses e contarase a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

2. Malia o anterior, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da súa notificación, se esta for expresa. Se non o for, poderase interpor recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 21. Lista de espera

1. As entidades solicitantes que cumpran os requisitos exixidos e non sexan propostas como adxudicatarias inicialmente por esgotarse o crédito orzamentario correspondente pasarán a conformar unha lista de espera por rigorosa orde de puntuación obtida.

2. No caso de producirse renuncias ou revogacións das subvencións concedidas, o órgano instrutor poderá realizar novas propostas de resolución de concesión para as entidades incluídas na antedita lista, con atención rigorosa á orde da puntuación establecida nela, e sempre que exista crédito adecuado e suficiente.

Así mesmo, e nos supostos establecidos no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, no suposto de ampliación do crédito e ata o límite do crédito dispoñible, o órgano instrutor poderá propoñer novas concesións de subvencións á solicitude ou solicitudes seguintes na orde de puntuación.

3. A partir do 31 de xullo de 2023 non se realizarán novas propostas de resolución, co fin de que se poidan rematar os programas que se subvencionan a través desta orde no prazo máximo previsto.

Artigo 22. Efectividade da resolución

1. A resolución comprenderá o acto de outorgamento da subvención que será efectiva desde o día seguinte ao da súa publicación. Malia isto, a efectividade da resolución estará condicionada a que a entidade beneficiaria a acepte expresamente e concrete a/s entidade/s ou empresa/s de realización das estadías formativas, mediante a entrega da seguinte documentación, na forma sinalada no artigo 10, no prazo de 10 días hábiles contados desde a dita publicación:

a) Anexo III cuberto aceptando ou renunciando á subvención e no cal se incluirá:

– En caso de aceptar a subvención, o número de conta bancaria co código IBAN de que sexa titular a persoa beneficiaria.

– Se é o caso, a solicitude do anticipo previsto no artigo 25, marcando o recadro previsto para o efecto.

– O extracto da convocatoria do proceso selectivo das persoas mozas participantes, nos termos establecidos no artigo seguinte.

b) Sempre que non o presentasen xa con anterioridade, anexo/s IV ou compromiso da/s empresa/s ou entidade/s de estadías, asinado/s pola/s persoa/s responsable/s para a realización destas.

2. Para as entidades beneficiarias das subvencións que non presenten en prazo e forma os anexos III e IV, a persoa titular da dirección xeral competente en materia de xuventude por delegación da persoa titular da consellería, declarará a perda do dereito á subvención, logo de resolución ditada nos termos do artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Artigo 23. Proceso selectivo das persoas mozas participantes nas estadías formativas

1. Para garantir os principios de publicidade, igualdade e libre concorrencia, as entidades beneficiarias da subvención deberán publicar a convocatoria para a participación das persoas mozas nos programas subvencionados nalgún dos seguintes medios: na súa páxina web, redes sociais ou radio/prensa local. As entidades locais deberán publicala tamén no seu taboleiro de anuncios. As publicacións deberán respectar as medidas de información e comunicación establecidas no anexo XII do Regulamento (UE) 1303/2013 (modificado polo Regulamento 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo).

Non está permitida a publicación de convocatorias de selección con carácter previo á notificación da resolución de concesión.

Así mesmo, os extractos da convocatoria para participar nos programas subvencionados serán publicados na páxina web da dirección xeral competente en materia de xuventude, http://xuventude.xunta.es

Para tal efecto, no prazo dos 10 días seguintes á publicación da resolución de concesión das subvencións, as entidades beneficiarias enviarán, a través do anexo III, un extracto da convocatoria á dirección xeral competente en materia de xuventude. Este extracto conterá como mínimo a forma e prazo de presentación de solicitudes que será, como mínimo, de 5 días e como máximo de 1 mes, os destinos das estadías formativas e un teléfono e enderezo electrónico de contacto.

2. Para o caso de que concorran máis persoas mozas candidatas que prazas ofertadas, no proceso selectivo teranse en conta uns criterios mínimos de avaliación, que son:

a) Vítimas de violencia de xénero ou persoas solicitantes cuxas proxenitoras a sufrisen, sempre que a acreditación das ditas circunstancias fose emitida con anterioridade á data da presentación da solicitude: 2 puntos.

b) Persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %: 2 puntos.

c) Persoas en risco de exclusión social: 2 puntos.

d) A antigüidade no ficheiro do SNGX como persoa beneficiaria no ficheiro ata a data en que remate o prazo de presentación de solicitudes: ata 1,5 puntos, puntuando 0,10 por cada mes que leve inscrita.

e) A idade da persoa solicitante na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes: ata 1,5 puntos, coa seguinte escala:

Maiores de 28 anos: 1,5 puntos.

De 26 a 27 anos: 1,3 puntos.

De 24 a 25 anos: 1,1 punto.

De 22 a 23 anos: 0,9 puntos.

De 20 a 21 anos : 0,7 puntos.

De 18 a 19 anos: 0,5 puntos.

f) Ter sido beneficiaria dunha subvención individual do programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa (BS324A): 2 puntos.

A información necesaria para a comprobación deste criterio será provista pola dirección xeral competente en materia de xuventude, a través da subdirección xeral competente en programas e asesoramento para a xuventude.

g) Ter sido participante en Xuventude Mentoring: 2 puntos.

3. No suposto de que se produzan empates nas puntuacións de dúas ou máis persoas solicitantes, os criterios de desempate serán os seguintes:

a) En primeiro lugar, a puntuación máis alta obtida nos criterios do número precedente na mesma orde en que están establecidos.

b) En segundo lugar, igualdade de xénero: darase preferencia ao xénero que teña menor número de solicitudes.

c) Por último, de persistir o empate, terase en conta a orde de entrada da solicitude.

4. Unha vez rematado o proceso selectivo será responsabilidade das entidades beneficiarias da subvención obter con carácter previo á realización das estadías formativas a verificación por parte da dirección xeral competente en materia de xuventude de que cada participante seleccionado/a está inscrito/a no ficheiro do SNGX, figura como beneficiario/a e é residente na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.

Para os efectos desta verificación, as entidades beneficiarias remitirán a seguinte documentación:

a) Anexo V, resultados do proceso selectivo, no modelo que se publicará na páxina da dirección xeral competente en materia de xuventude, http://xuventude.xunta.es, onde consten:

1º. A relación de persoas seleccionadas, co seu DNI/NIE e demais datos que acrediten o cumprimento dos criterios de avaliación aplicados.

2º. A relación de empresas/entidades onde realizará as estadías formativas cada unha das persoas participantes, con indicación da persoa que as titorizará na empresa.

3º. O calendario de realización das estadías formativas de cada persoa participante, no cal se indique claramente a data de comezo e fin, os días laborables da semana e o horario.

b) Copia das actas do proceso selectivo onde figuren as persoas seleccionadas para realizar as estadías formativas e, se é o caso, as puntuacións obtidas segundo os criterios de avaliación.

c) Copia da póliza de seguros de accidentes e responsabilidade civil e seguros médicos que dea cobertura á mocidade que realizará as estadías formativas.

d) No caso de que se adquirise o compromiso de contratar persoal para o programa, certificación da persoa representante da entidade en que conste o nome da persoa ou persoas contratadas, a súa titulación, experiencia e o número de horas ou a xornada dedicada ao programa.

A dirección xeral competente en materia de xuventude revisará a documentación e o cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 3 por parte das persoas mozas seleccionadas, como requisito previo para o pagamento da subvención que permita o inicio das estadías que se subvencionan.

Artigo 24. Xustificación da subvención

1. A xustificación da subvención realizarase de conformidade co previsto no artigo 28 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no artigo 44 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 6 da Orde ESS/1924/2016, do 13 de decembro.

O manual para a correcta xustificación da subvención, así como os modelos a que fai referencia este artigo e o seguinte, estarán á disposición das entidades beneficiarias na páxina da dirección xeral competente en materia de xuventude, http://xuventude.xunta.es

2. O método de xustificación empregado será o de custos simplificados consonte o disposto no artigo 67.5.d) do Regulamento (UE) 1303/2013 e, adicionalmente, o artigo 68.ter do Regulamento (UE) 1303/2013, introducido polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046.

3. Establecese como data limite de xustificación da subvención concedida o 20 de novembro de 2023.

4. Para a xustificación, as entidades beneficiarias deberán achegar a seguinte documentación:

a) Memoria descritiva das actividades realizadas no modelo que se publicará como anexo VI, na cal consten:

1º. Actividades realizadas na preparación e planificación.

2º. Actividades realizadas na titorización e apoio.

3º. Plan formativo desenvolvido.

4º. Aspectos salientables da execución do proxecto: dificultades, apoios, modificacións que se produciron.

5º. Avaliación e seguimento: breve indicación xeral dos logros das persoas participantes de acordo cos obxectivos do proxecto.

6º. Declaración complementaria de non ter percibido outras subvencións para a mesma actividade das administracións públicas competentes ou de calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

b) Para o caso de persoal de nova contratación, contratos de traballo e informe da vida laboral que reflicta a situación de alta no período en que se desenvolveu a actividade subvencionada.

c) Documentos xustificativos do recibo de liquidación de cotizacións (RLC) e da relación nominal de traballadores (RNT) xunto cos xustificantes individualizados dos gastos efectuados e os documentos bancarios acreditativos dos pagos realizados (extracto ou cargo bancario), así como unha certificación expedida pola persoa titular da secretaría ou órgano equivalente en que se relacionen todos os xustificantes individualizados dos gastos realizados, así como a data do seu pagamento. Non obstante o anterior, cando formen parte da conta xustificativa documentos de gastos que comporten ingresos á conta do imposto da renda das persoas físicas (IRPF), cotas por seguros sociais liquidables ou de natureza periódica e iterativa, como nóminas, con posterioridade á data de xustificación, o importe destes gastos considérase xustificado coa presentación do documento en que se reflicta o importe da retención, cotización ou pagamento devindicados na data de xustificación. As entidades beneficiarias quedan obrigadas a presentar os documentos acreditativos da súa liquidación nos dez días seguintes ao remate dos prazos legalmente establecidos para o seu ingreso no período voluntario.

d) Folla individualizada de asistencia e actuacións do persoal que desenvolve o programa asinado por cada profesional e pola persoa responsable da entidade contratante, adaptada ao rexistro obrigatorio de control horario desta última.

e) No caso de contratación mercantil dos gastos de persoal: facturas ou documentos con valor probatorio equivalente polo importe correspondente ao persoal contratado, así como os correspondentes xustificantes bancarios acreditativos do seu pagamento. No xustificante bancario deberá constar o número de factura obxecto de pagamento, a identificación da persoa pagadora e da destinataria do pagamento, que deberá coincidir coa que emite a factura.

f) Documentación acreditativa do mantemento do sistema de contabilidade separada: extracto da contabilidade que permita verificar como se contabilizaron os gastos, o cal deberá incluír contas ou subcontas, datas e números dos correspondentes asentos contables.

g) Documentación acreditativa do cumprimento das obrigas en materia de información e comunicación establecidas no anexo XII do Regulamento (UE) 1303/2013, do 17 de decembro (modificado polo Regulamento 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo), mediante achegas de copias da documentación utilizada, fotografías dos carteis expostos, indicación da páxina web, etc. Na documentación que se presente terán que verse con claridade os logotipos da UE e da Xunta de Galicia.

h) A relación nominal con todas as persoas mozas participantes no programa, na cal constará o seu nome e apelidos, DNI/NIE, data de nacemento, xénero, grao de discapacidade (se é o caso), nivel de estudos, concello de residencia, concello e empresa/entidade de destino das estadías, datas de inicio e fin das estadías formativas e sector empresarial.

i) Para xustificar as bolsas de formación para as persoas mozas participantes: copia das transferencias emitidas pola entidade beneficiaria a favor de cada persoa moza participante polo importe que corresponda á bolsa a que ten dereito.

j) Certificado, segundo o modelo que se publicará como anexo VII, emitido pola empresa/entidade de destino das estadías formativas de cada persoa moza participante, en que conste o período en que se desenvolveron, o número de horas formativas mensuais e as actividades levadas a cabo. Deberá estar debidamente asinado pola persoa da empresa que exerceu a titoría das estadías formativas, a persoa titora da entidade de destino e mais a persoa que as realizou.

k) Proba documental de asistencia diaria ás estadías formativas, asinada pola/s persoa/s da empresa/entidade que exerceu a titoría das estadías formativas e a persoa beneficiaria da subvención, no modelo que se publicará como anexo IV-bis.

l) Follas de sinaturas de todas as xornadas do plan formativo complementario en habilidades e competencias para o emprego realizadas coas persoas mozas participantes e das actividades de orientación laboral realizadas de acordo co establecido no artigo 5.1.e) desta orde, onde figuren os nomes das persoas/entidades/empresas que imparten o curso e dos asistentes, a xornada impartida e as horas de entrada e saída e a duración, unha folla para cada xornada segundo o especificado no anexo VI desta convocatoria.

m) Unha reportaxe fotográfica e/ou audiovisual do programa que conterá todas as actividades realizadas e unha mostra das estadías formativas de cada persoa participante.

Artigo 25. Pagamento da subvención

1. Unha vez recibida e comprobada a documentación xustificativa poderase pagar a subvención concedida. No caso de que o gasto xustificado sexa inferior ao orzamento da subvención e no caso de incumprimento de obrigas, a contía da subvención será minorada de maneira proporcional e seguindo os criterios sinalados no artigo 27.

2. Poderanse realizar pagamentos anticipados e á conta da subvención concedida, de acordo co establecido no artigo 31.6 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, nos artigos 62 e 63 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, e nesta convocatoria.

Poderase solicitar un anticipo de ata o 80 % do importe concedido. A entidade beneficiaria que queira solicitar o anticipo deberá solicitalo marcando o recadro do anexo III.

Esta solicitude deberase presentar, de acordo co previsto no artigo 22, no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da resolución de concesión, a través do anexo III.

3. Non poderán realizarse pagamentos da subvención, de acordo co artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, en canto a entidade beneficiaria non estea ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, teña pendente de pagamento algunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou sexa debedora por procedencia de reintegro.

Artigo 26. Obrigas das entidades beneficiarias

1. As entidades beneficiarias, ademais de cumpriren as restantes obrigas previstas nesta orde e as establecidas pola normativa aplicable con carácter xeral ás subvencións públicas, deberán:

a) Realizar as accións dos programas de estadías formativas para as cales se concede a subvención, de conformidade co establecido nesta orde e nas instrucións ou manuais que a desenvolvan.

b) Acreditar ante o órgano convocante a realización das actividades e o cumprimento dos requisitos exixidos para a concesión da subvención, achegando a documentación que lles sexa requirida co fin de comprobar o cumprimento das obrigas que derivan da dita concesión.

c) Someterse ás actuacións de control, comprobación e inspección efectuadas pola consellería competente en materia de política social e xuventude e ás da Inspección de Traballo e Seguridade Social, ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Consello de Contas, así como o Tribunal de Contas, ou a outros órganos da Administración do Estado ou da Unión Europea, as relativas ás verificacións que poidan realizar os organismos implicados na xestión e seguimento do Fondo Social Europeo, que poderán comprender as oportunas visitas sobre o terreo e as que poidan corresponder, no suposto de cofinanciamento, á Comisión e ao Tribunal de Contas das Comunidades Europeas, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

d) Comunicarlle ao órgano convocante calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidos polas persoas beneficiarias e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, procedentes de calquera outra Administración ou ente público estatal ou internacional. Esta comunicación deberá efectuarse tan axiña como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

e) Comunicarlle ao órgano convocante, no prazo de 3 días seguintes desde que se produza o feito:

1º. A interrupción ou abandono das estadía, mediante escrito motivado e asinado pola persoa participante.

2º. O cambio de empresa/entidade de estadías, mediante escrito motivado.

f) Difundir a convocatoria do seu programa de estadías formativas para a selección de mozos e mozas publicamente e coa adecuada antelación a través da internet (páxinas web e/ou redes sociais, así como na páxina web http://xuventude.xunta.es, ou outros medios de difusión complementarios, de xeito que poidan ser coñecidas por todas as persoas potencialmente beneficiarias destas.

g) Buscar unha ou varias empresas e/ou entidades colaboradoras para a realización das estadías formativas en Galicia.

h) Dispor dos seguros médicos, de accidentes e de responsabilidade civil necesarios para dar cobertura ás persoas participantes nos programas de estadías formativas, desde o inicio ata a finalización destas.

i) Manter o contacto coa dirección xeral competente en materia de xuventude, durante todo o período de execución do programa subvencionado, en todas as súas fases, e ata un ano despois da súa finalización.

j) Asistir ás reunións informativas e xornadas formativas ás cales sexan convocadas, durante o período de execución do programa subvencionado, e ata un ano despois da súa finalización.

k) Satisfacer, no momento do seu vencemento, as obrigas económicas que deriven do funcionamento do proxecto subvencionado, especialmente as de carácter salarial, se as houber, con independencia de que se percibise con anterioridade a subvención concedida.

l) Ter a capacidade administrativa, financeira e operativa acreditada para cumprir as condicións da subvención.

2. Co fin de efectuar un seguimento adecuado da execución dos proxectos cofinanciados polo Fondo Social Europeo ao abeiro do Programa operativo de emprego xuvenil para o período 2014-2020, mediante as subvencións establecidas nesta orde a entidade beneficiaria deberá someterse, segundo a normativa europea que resulte de aplicación, ao cumprimento das seguintes obrigas:

a) Respectar as normas de subvencionabilidade do gasto financiado polo Fondo Social Europeo, reguladas mediante os artigos 69 e 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 decembro de 2013, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca e se derroga o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello; o artigo 13 do Regulamento (UE) nº 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013 relativo ao Fondo Social Europeo e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1081/2006 do Consello (regulamentos modificados polo Regulamento 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo), así como as que se diten no seu desenvolvemento para o período 2014-2020, e a Orde ESS/1924/2016, do 13 de decembro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo durante o período de programación 2014-2020.

b) Cumprir coas medidas de información e comunicación establecidas no anexo XII do Regulamento (UE) 1303/2013 (modificado polo Regulamento 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo), en concreto:

1º. Para os efectos de difusión pública, deberán identificar convenientemente as actividades e servizos que desenvolva o programa subvencionado, especialmente a través do portal web do SNGX e de publicidade estática realizada por medio de carteis (tamaño mínimo A3) ou paneis que, colocados en lugar visible, informarán do programa de estadías formativas cofinanciado pola Unión Europea, a través do Fondo Social Europeo, Programa operativo de emprego xuvenil.

2º. Así mesmo, as persoas contratadas e as persoas mozas participantes serán informadas de que o programa está cofinanciado pola Xunta de Galicia (Consellería de Política Social e Xuventude) e polo Fondo Social Europeo, así como da finalidade da subvención, e todos os emblemas figurarán nas comunicacións. Tamén deberán facer unha breve descrición da operación na súa páxina web destacando o apoio financeiro da Unión Europea.

c) Manter un sistema de contabilidade diferenciado para todas as transaccións realizadas con cargo aos proxectos subvencionables polo Fondo Social Europeo, e contar, polo menos, cun código contable axeitado que permita identificar claramente as transaccións e a súa rastrexabilidade.

d) Manter unha pista de auditoría suficiente, manter de forma separada na contabilidade o ingreso da axuda percibida e conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos durante un prazo de dous anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas anuais en que estean incluídos os gastos definitivos da operación concluída, de conformidade co disposto no artigo 140.1 do Regulamento (UE) 1303/2013, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control. O comezo dese prazo será oportunamente comunicado pola Dirección Xeral de Política de Cohesión e Fondos Europeos.

e) Realizar as actuacións precisas para recoller información suficiente relativa ao desenvolvemento das actuacións que permita dar cumprimento aos requisitos de información a través de indicadores de produtividade e resultados enumerados no artigo 5 do Regulamento (UE) 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo ao Fondo Social Europeo (modificado polo Regulamento 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo). Os indicadores de produtividade e os de resultados (anexo VIII) serán formalizados polas entidades beneficiarias da subvención nos 10 días hábiles seguintes á súa posta á disposición a través da aplicación Participa 1420.

Artigo 27. Incumprimento de obrigas. Reintegro da subvención

1. O incumprimento total ou parcial por parte das entidades beneficiarias das obrigas establecidas nesta orde, así como na demais normativa aplicable e, con carácter xeral, nas subvencións públicas que se outorguen con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, orixinará o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas en concepto de subvencións máis os xuros de demora nas condicións e de conformidade co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, e sen prexuízo do establecido no texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

2. De conformidade co artigo 14.1.n) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, o importe que se debe reintegrar determinarase de acordo cos seguintes criterios de gradación dos posibles incumprimentos das condicións impostas con motivo da concesión das subvencións:

a) Incumprimento das condicións exixidas para a concesión da subvención: reintegro do 100 % sobre o gasto subvencionable.

b) Non realizar a actividade obxecto de subvención, ou adoptar un comportamento contrario ao que fundamenta a concesión da subvención: reintegro do 100 % sobre o gasto subvencionable.

c) Incumprimento do requisito de estaren as persoas mozas beneficiarias inscritas no SNGX e coa condición de beneficiario/a e da súa verificación ante o órgano convocante: desconto da contía correspondente da bolsa de cada persoa participante.

d) Incumprimento da obriga de comunicar ao órgano concedente a solicitude doutras axudas: dará lugar ao reintegro dun 10 % do total da subvención.

e) Incumprimento da obriga de comunicar ao órgano concedente a obtención doutras axudas: reintegro do 100 % do importe da subvención percibida máis os xuros de demora, sen prexuízo das sancións que poidan corresponder.

f) A declaración xudicial ou administrativa de nulidade ou anulabilidade da resolución de concesión por concorreren as causas previstas nos artigos 47 e 48 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, cando concorra algunha das causas de reintegro antes referidas: reintegro das cantidades percibidas.

g) Incumprimento das obrigas de presentación de documentación exixida para xustificar os gastos: no caso de que non se presente ningunha documentación procederá o reintegro do 100 % sobre o gasto subvencionable. No suposto de presentación de parte da documentación exixida ou de presentación de documentación incorrecta, o importe que haberá que reintegrar será proporcional ao gasto non xustificado.

h) Incumprimento da obriga de presentar a certificación das estadías formativas, así como a proba documental de asistencia diaria ás estadías: reintegro do 100 % sobre o gasto subvencionable correspondente á bolsa das estadías formativas das persoas mozas que non se certifiquen.

i) Incumprimento da obriga de devolver cubertos ao órgano concedente os cuestionarios cos datos relativos aos indicadores de produtividade e de resultados que se lles soliciten: reintegro do 2 % sobre o gasto subvencionable correspondente á bolsa das estadías formativas das persoas mozas que non acheguen os ditos datos.

j) Incumprimento da obriga de acreditar a cobertura de seguros de responsabilidade civil e de accidentes, así como a asistencia sanitaria durante o período de duración das estadías:

Reintegro do 2 % do gasto subvencionable se o incumprimento afecta algún dos seguros.

Reintegro do 1 % do gasto subvencionable se o incumprimento afecta días dalgún dos seguros.

k) Incumprimento das obrigas das entidades beneficiarias en materia de publicidade establecidas no artigo anterior: reintegro do 2 % sobre o gasto subvencionable.

l) Incumprimento da obriga das entidades beneficiarias de manter un sistema de contabilidade separada prevista no artigo anterior: reintegro do 2 % sobre o gasto subvencionable.

m) Incumprimento da obriga das entidades beneficiarias de manter unha pista de auditoría suficiente prevista no artigo anterior: reintegro do 2 % sobre o gasto subvencionable.

n) Incumprimento do horario das estadías formativas.

Descontarase un 1 % do gasto subvencionable da subvención concedida por cada hora de ausencia respecto das mínimas establecidas mensuais que non sexan compensadas durante o período das estadías.

Estas porcentaxes aplicaranse sobre a bolsa das persoas participantes no caso de que exista un incumprimento horario, sen que supoña falta de asistencia diaria á practica.

ñ) Falta de asistencia ás estadías formativas.

Cando se produza unha falta de asistencia á práctica e cando as persoas participantes nos programas abandonen ou interrompan a súa participación, procederá o reintegro da subvención proporcional ao número de días de estadía deixados de realizar.

Así mesmo, serán exceptuados da obriga de reintegro por falta de asistencia ata un máximo de 3 días no caso de enfermidade común acreditada co correspondente informe médico. Estes 3 días deberán ser recuperados en horas, en conformidade coa empresa, antes de finalizar o período de estadías.

Considérase causa xustificada, en todo caso, a entrevista laboral ou a sinatura dun contrato de traballo, a concesión dunha bolsa de traballo ou de estudos, a realización de exames de estudos oficiais, a enfermidade grave da persoa participante ou a enfermidade grave/morte ou hospitalización dun familiar de ata 2º grao e outra causa xustificada non imputable á persoa beneficiaria.

Estes descontos aplicaranse na contía da bolsa subvencionada á entidade por cada participante.

o) O incumprimento por parte das entidades beneficiarias da obriga de realizar as súas obrigas de orientación laboral e/ou formación das persoas mozas participantes dará lugar ao reintegro dun 10 % do total da subvención.

3. No caso de que as persoas participantes non observen un código ético de conduta, creando durante o desenvolvemento das estadías formativas unha situación conflitiva, que prexudica a convivencia e o normal desenvolvemento da actividade do centro de prácticas, a entidade responsable, logo de dar audiencia á persoa interesada e á vista do informe conxunto da persoa que titoriza as prácticas e da entidade beneficiaria, a dirección xeral con competencia en materia de xuventude poderá ordenar a cancelación das prácticas e aquelas deberán reintegrar os importes recibidos da súa bolsa en caso de faltas graves reiteradas.

4. As cantidades que se deban reintegrar terán a consideración de ingresos de dereito público e resultará de aplicación para o seu cobramento o previsto nos artigos 19 a 23 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Artigo 28. Devolución voluntaria do reintegro da subvención

De acordo co establecido no artigo 64 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, as entidades beneficiarias poderán realizar, sen o requirimento previo da Administración, a devolución total ou parcial da subvención concedida, mediante o seu ingreso na conta operativa do Tesouro da Xunta de Galicia ES82 2080 0300 87 3110063172, en concepto de devolución voluntaria da subvención.

En todo caso, a entidade beneficiaria deberá presentar ante a dirección xeral competente en materia de xuventude un escrito de devolución voluntaria da subvención e unha copia xustificativa da devolución voluntaria realizada, na cal conste a data do ingreso, o seu importe e o número de expediente e a denominación da subvención concedida.

Artigo 29. Asistencia, seguimento e avaliación

1. A Consellería de Política Social e Xuventude, a través da dirección xeral competente en materia de xuventude, a través da subdirección xeral competente en programas e asesoramento para a xuventude, é o órgano encargado de realizar as tarefas de supervisión, coordinación, asistencia técnica, seguimento e control e avaliación da xestión dos programas, así como das subvencións concedidas.

2. Ademais de tramitar e resolver o expediente de solicitude e de transferir os fondos correspondentes, a dirección xeral competente en materia de xuventude, a través da subdirección xeral competente en programas e asesoramento para a xuventude, realizará as seguintes actuacións:

a) Asistencia, apoio e asesoramento técnico e administrativo ás entidades solicitantes dos programas, tanto na súa preparación como no seu desenvolvemento, para os efectos de conseguir o éxito do proxecto: creación de emprego, cualificación, adquisición de experiencia e inserción laboral.

b) Seguimento e avaliación da xestión: obtendo das persoas responsables a información referente aos programas de estadías formativas que están a realizar, en canto ás datas de realización, as persoas que titorizan as estadías, o persoal de apoio e calquera outro dato que se considere de interese para o seguimento puntual da xestión, especialmente daqueles que serviron de base para a concesión da subvención.

c) Control das subvencións concedidas e liquidación do expediente.

d) Control dos resultados obtidos, segundo o establecido no artigo seguinte.

Artigo 30. Control dos resultados obtidos

Para os efectos do seguimento dos resultados obtidos nos programas de estadías formativas subvencionados, a dirección xeral competente en materia de xuventude realizará as seguintes actuacións:

a) Antes de rematar o período de realización de cada programa poñerase á disposición de cada entidade, a través da aplicación informática Participa 1420, un cuestionario mediante o cal se solicitarán os datos relativos aos indicadores de resultados inmediatos que procedan de cada participante. As entidades terán a obriga de colaborar coa dirección xeral competente en materia de xuventude para que no prazo máximo de 10 días hábiles desde o remate do período de realización do programa as persoas participantes envíen debidamente cuberto o mencionado cuestionario.

b) No prazo de 6 meses desde o remate do período de realización das estadías formativas, a dirección xeral competente en materia de xuventude poderá requirir a actualización destes datos, coa finalidade de cubrir os indicadores de resultado a longo prazo.

Artigo 31. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que estean vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 32. Normativa de aplicación

1. Esta orde axústase ao disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, e na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

2. Igualmente, é de aplicación o disposto no Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca; no Regulamento (UE) 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo ao Fondo Social Europeo e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1081/2006 do Consello (DOUE 20.12.2013, L 347), regulamentos modificados polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018 sobre as normas financeiras aplicables ao orzamento xeral da Unión, polo que se modifican os regulamentos (UE) nº 1296/2013, (UE) nº 1301/2013, (UE), nº 1303/2013, (UE) nº 1304/2013, (UE) nº 1309/2013, (UE) nº 1316/2013, (UE) nº 223/2014 e (UE) nº 283/2014, e a Decisión nº 541/2014/UE e polo que se derroga o Regulamento (UE, Euratom) nº 966/2012, e na Orde ESS/1924/2016, do 13 de decembro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo durante o período de programación 2014-2020.

Disposición adicional primeira. Información á Base de datos nacional de subvencións

A Consellería de Política Social e Xuventude transmitirá á Base de datos nacional de subvencións a información necesaria, de conformidade co artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Disposición adicional segunda. Delegación de competencias

Apróbase a delegación de atribucións da persoa titular da Consellería de Política Social e Xuventude na persoa titular da dirección xeral competente en materia de xuventude, para resolver a concesión, denegación, modificación, a procedencia de reintegro, total ou parcial, a declaración de perda do dereito da subvención, ou outras incidencias das subvencións previstas nesta orde, así como para autorizar e dispor os gastos, o recoñecemento das obrigas e a proposta de pagamento, en relación co disposto no artigo 73 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Disposición adicional terceira. Loita contra a fraude

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco da presente convocatoria poderá poñer os ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto no enderezo web http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2014-2020/medidas-antifraude/snca-olaf, e nos termos establecidos na Comunicación 1/2017, do 3 de abril, do citado servizo.

Disposición derradeira primeira. Facultade de desenvolvemento

Facúltase a persoa titular da dirección xeral competente en materia de xuventude para ditar, dentro das súas competencias, os actos e instrucións necesarios para o desenvolvemento desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2023

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social e Xuventude

ANEXO VIII

Indicadores de produtividade e resultados

Exixidos polo Regulamento (UE) 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo ao Fondo Social Europeo (FSE) (modificado polo Regulamento 2018/1046, do 18 de xullo).

Indicadores comúns do FSE (anexo I do Regulamento 1304/2013).

1. Indicadores comúns de produtividade.

a) Participantes.

Dimensión do indicador

Nome do indicador

Frecuencia de informe

Poboación de referencia

Representatividade da mostra

Estado laboral

Desempregados incluíndo os de longa duración

Anualmente

Todos os participantes

Desempregados de longa duración

Anualmente

Todos os participantes

Inactivos

Anualmente

Todos os participantes

Inactivos, non integrados nos sistemas de educación ou formación

Anualmente

Todos os participantes

Persoas con emprego, incluídos os traballadores por conta propia

Anualmente

Todos os participantes

Idade

Persoas menores de 25 anos de idade

Anualmente

Todos os participantes

Persoas maiores de 54 anos de idade

Anualmente

Todos os participantes

Persoas maiores de 54 anos de idade que están desempregadas, incluídas as de longa duración, ou inactivas e non integradas nos sistemas de educación ou formación

Anualmente

Todos os participantes

Nivel educativo

Persoas con estudos de ensino primario (CINE 1) ou secundario (CINE 2)

Anualmente

Todos os participantes

Persoas co segundo ciclo de ensino secundario (CINE 3) ou con ensino postsecundaria (CINE 4)

Anualmente

Todos os participantes

Persoas con ensino superior ou terciario (CINE 5 a 8)

Anualmente

Todos os participantes

Participantes desfavorecidos

Inmigrantes, participantes de orixe estranxeira, minorías (incluídas comunidades marxinadas, como a poboación romaní)

Anualmente

Todos os participantes

Participantes con discapacidade

Anualmente

Todos os participantes

Outras persoas desfavorecidas

Anualmente

Todos os participantes

Persoas sen fogar ou afectadas pola exclusión en canto a vivenda

Unha vez en 2023

Mostra representativa de todos os participantes

1) Situación laboral

2) Grupo idade

3) Nivel educativo

Persoas de zonas rurais

Unha vez en 2023

Mostra representativa de todos os participantes

1) Situación laboral

2) Grupo idade

3) Nivel educativo

b) Entidades.

Nome do indicador

Frecuencia de informe

Poboación obxectivo do informe

Número de proxectos total ou parcialmente realizados por axentes sociais ou as asociacións non gobernamentais

Anualmente

Todos os proxectos

Número de proxectos dedicados á participación e á progresión sustentable das mulleres no ámbito do emprego

Anualmente

Todos os proxectos

Número de proxectos dirixidos ás administracións públicas ou aos servizos públicos a nivel nacional, rexional ou local

Anualmente

Todos os proxectos

Número de microempresas e pequenas e medianas empresas subvencionadas (incluídas as cooperativas e as empresas de economía social)

Anualmente

Todas as Pemes directamente soportadas

2. Indicadores comúns de resultado.

a) Indicadores de resultado inmediato.

Nome do indicador

Frecuencia de informe

Poboación obxectivo do informe

Participantes inactivos que buscan traballo logo da súa participación

Anualmente

Participantes inactivos

Participantes que se integraron nos sistemas de educación ou formación logo da súa participación

Anualmente

Todos os participantes, excepto aqueles non integrados nos sistemas de educación ou formación ao comezo

Participantes que obteñen unha cualificación logo da súa participación

Anualmente

Todos os participantes

Participantes que obteñen un emprego, incluído por conta propia, logo da súa participación

Anualmente

– Desempregados

– Participantes inactivos

Participantes desfavorecidos que buscan traballo, que se integran nos sistemas de educación ou formación, obteñen unha cualificación ou obteñen un emprego, incluído por conta propia, logo da súa participación

Anualmente

Participantes desfavorecidos que logran un resultado entendido como un cambio consecuencia da diferenza entre a situación ao saír situación ao entrar na operación do FSE. Participantes desfavorecidos son:

– Inmigrantes, persoas de orixe estranxeira, minorías (incluídas as comunidades marxinadas, como a poboación romaní)

– Participantes con discapacidade

– Outras persoas desfavorecidas

b) Indicadores de resultado a longo prazo.

Nome do indicador

Frecuencia de informe

Poboación obxectivo do informe

Mostra representativa centrada en

Participantes que obteñen un emprego, incluído por conta propia, no prazo de seis meses seguintes á súa participación

2023 e 2024

Participantes:

– Desempregados

– Inactivos

1a) Desempregados

1b) Inactivos

2) Grupo idade

3) Nivel educativo

Participantes que mellorasen a súa situación no mercado de traballo no prazo dos seis meses seguintes á súa participación

2023 e 2024

Participantes:

– Empregados

1) Grupo idade

2) Nivel educativo

Participantes maiores de 54 anos de idade que obteñen un emprego, incluído por conta propia, no prazo de seis meses seguintes á súa participación

2023 e 2024

Participantes maiores de 54 anos de

idade:

– Desempregados

– Inactivos

1a) Desempregados

1b) Inactivos

2) Nivel educativo

Participantes desfavorecidos que obteñen un emprego, incluído por conta propia, no prazo de seis meses seguintes á súa participación

2023 e 2024

– Desempregados

– Inactivos

Participantes con algunha das seguintes desvantaxes (non exclusivas mutuamente):

– Inmigrantes, participantes de orixe estranxeira, minorías (incluídas comunidades marxinadas, como a poboación romaní)

– Participantes con discapacidade

– Outras persoas desfavorecidas

1a) Desempregados

1b) Inactivos

2) Grupo idade

3) Nivel educativo

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file