Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 21 de xuño de 2023 Páx. 38994

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación dos estatutos sociais da entidade Burgo de Negral, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 74 da Lei 14/2011, do 16 de decembro, pola que se modifica a Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e no artigo 53 do Regulamento do Rexistro de Cooperativas, fago público que esta xefatura territorial resolveu inscribir a modificación dos estatutos sociais, no Rexistro Provincial de Cooperativas de Lugo, da entidade Burgo de Negral, S. Coop. Galega, segundo consta na escritura pública do 30 de decembro de 2022, con nº de protocolo 5.493, outorgada ante o notario de Lugo Manuel Ignacio Castro-Gil Iglesias. Consta como novo capital social mínimo 3.000,00 €.

Lugo, 6 de xuño de 2023

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo