Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 21 de xuño de 2023 Páx. 38978

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 7 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto e valorización de residuos de construción e demolición (RCD) para elaboración de áridos nas instalacións da canteira Granitos do Noroeste número 6, no concello de Arteixo (A Coruña) (expediente 2023/0044).

De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental, do 6 de xuño de 2023, do proxecto de valorización de residuos de construción e demolición (RCD) para elaboración de áridos nas instalacións da canteira Granitos do Noroeste nº 6, no concello de Arteixo (A Coruña), promovido por Explotaciones y Canteras de Moucho, S.A.U.

Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2023

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático