Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 21 de xuño de 2023 Páx. 38872

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

CORRECCIÓN DE ERROS. Anuncio do 7 de xuño de 2023, da Xerencia da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, polo que se lle dá publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca a provisión, polo procedemento de avaliación colexiada, do posto de Xefatura de Servizo de Uroloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Lugo.

Advertido erro no dito anuncio, publicado no Diario Oficial de Galicia número 114, do venres 16 de xuño de 2023, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 37787, no punto primeiro, onde di: «Anunciar a convocatoria para cubrir, polo procedemento de avaliación colexiada, a provisión do posto de Xefatura de Sección de Uroloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Lugo que se relaciona no anexo», debe dicir: .«Anunciar a convocatoria para cubrir, polo procedemento de avaliación colexiada, a provisión do posto de Xefatura de Servizo de Uroloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Lugo que se relaciona no anexo».

E na páxina 37788, no anexo, onde di: «Denominación do posto: Xefe/a de Sección de Uroloxía», debe dicir: «Denominación do posto: Xefe/a de Servizo de Uroloxía»