Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 20 de xuño de 2023 Páx. 38578

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 26 de maio de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Ortigueira (expediente IN407A 2023/127-1).

Expediente: IN407A 2023/127-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT Oldar.

Concello: Ortigueira.

1. Características técnicas:

– Modificación, mantendo o seu actual emprazamento na parcela con referencia catastral 15062A011005430000TT, do apoio núm. D-125-D-11 (matrícula: BDLGPL6D) metálico de celosía tipo AL-AM-C-2000/16-triángulo pertencente á arquitectura da liña MEA-809, consistente na instalación dun paso aéreo-soterrado (PA/S) e dun reconectador telecontrolado composto por un equipo interruptor con cámara illada en SF6 e un armario de control.

– Retensado do condutor tipo LA-56 (condutor existente) nos vans da LMT MEA-809 anterior e posterior ao apoio D-125-D-11 modificado, de 155,8 e 244,7 metros de lonxitude, respectivamente.

– Instalación, proxectada nas parcelas con referencia catastral 15062A012010390000TL e 15062A012010400000TQ sitas no lugar de Oldar, dun novo centro de transformación prefabricado de formigón tipo rural, compacto de manobra exterior, de 100 kVA de potencia, relación de transformación de 20/0,4-0,23 kV e configuración de celas 1L+1P, con cadro de baixa tensión con tres (3) saídas (unha de reserva).

– Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 20 kV, de 513 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×150 mm2 Al), coa orixe no paso aéreo-soterrado (PA/S) que se instalará no apoio núm. D125-B-11 modificado e remate en cela de liña do CT proxectado.

– Reordenación da rede de baixa tensión (RDBT) actualmente alimentada polo CT Viso (expediente 5.365/matrícula: 15CV73), que resultará parcialmente descargado, mediante a instalación de dous (2) novos circuítos soterrados de baixa tensión (RBTS) en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4(1×240 mm2 Al) coa orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do CT proxectado, S1 de 147 metros de lonxitude, que rematará no acoplamento coa rede aérea de baixa tensión existente que se realizará no paso soterrado-aéreo (PS/A) proxectado en apoio de formigón tipo HV-160/9 existente, e S2 de 268 metros de lonxitude, que rematará no acoplamento coa rede aérea de baixa tensión existente que se vai realizar no paso soterrado-aéreo (PS/A) proxectado en apoio de formigón tipo HV-630/9 existente.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta a este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 26 de maio de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

LMT, CT e RBT Oldar

Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal de Ortigueira

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio

(LMT, CT e/ou apoios)

LMT soterrada

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Descoñecido

15062A012010390000TL

Cortiñón

CT (½) e acceso

11,42

Rústico. Agrario

2

Vicente Fojón Martínez

15062A012010400000TQ

Cortiñón

CT (½) e acceso

12,7

Rústico. Agrario

3

Juan Carlos Lorenzo Carrodeguas

15062A011005430000TT

Roza Vella

3,72

11,16

Rústico. Agrario.

Prados ou praderías