Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 20 de xuño de 2023 Páx. 38651

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 6 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de autorización de xestor de residuos, planta de almacenamento e valorización de residuos de construción e demolición (RCD), asociada ás obras de acondicionamento da rede ferroviaria de Ourense no treito Taboadela-Túnel de Rante, nos concellos de San Cibrao das Viñas e Taboadela (Ourense) (expediente 2022/0174).

De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental, do 5 de xuño de 2023, do proxecto de autorización de xestor de residuos, planta de almacenamento e valorización de residuos de construción e demolición (RCD), asociada ás obras de acondicionamento da rede ferroviaria de Ourense no treito Taboadela-Túnel de Rante, nos concellos de San Cibrao das Viñas e Taboadela (Ourense), promovido por Túnel de Rante, U.T.E.

Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2023

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático