Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 20 de xuño de 2023 Páx. 38660

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 5 de xuño de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 17 de marzo de 2023, relativa á revisión do esbozo formulada polos representantes do monte veciñal en man común Touza, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Soutelo Verde e Carraxoó, no concello de Laza (Ourense).

Unha vez examinada a solicitude de revisión de esbozo formulada polos representantes do monte veciñal en man común (MVMC) Touza, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) de Soutelo Verde e Carraxoó, no concello de Laza, resultan os seguintes feitos:

Primeiro. O 8.7.2022, a CMVMC de Soutelo Verde e Carraxoó presentou unha solicitude (Rexel núm. 2022/1792554) de revisión de esbozo do MVMC Touza, no concello de Laza.

Coa solicitude achegaron a seguinte documentación:

– Certificación do Acordo da Asemblea Xeral do 26.4.2022.

– Memoria e planos.

– Arquivos xeográficos en formato vectorial.

Segundo. O Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Ourense emitiu un informe favorable o día 9 de novembro de 2022, en relación coa citada solicitude. Nel indícase que o perímetro obxecto de revisión inclúe o perímetro lindeiro con particulares que non son montes veciñais en man común, pero tendo en conta a linde coa Comunidade de Montes Veciñais do MVMC Xeixadelo e Carballeiras de Vilameá, coa que concorre tamén un procedemento de deslindamento.

A superficie do MVMC Touza, unha vez revisado o esbozo, sería de 782,45 ha, fronte ás 800 ha do acordo de clasificación, o que supón unha redución do 2,2 %.

Tendo en conta o anterior, emítese informe favorable da revisión do esbozo do MVMC Touza.

Consideracións legais e técnicas:

A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, na súa disposición transitoria décimo terceira, establece o procedemento de revisión de esbozos de montes veciñais en man común.

De acordo con ela, os esbozos de montes veciñais integrados nun expediente que, pola súa antigüidade, non reúnan as características de fiabilidade e precisión que exixen as novas técnicas topográficas poderán ser obxecto de revisión axustándoos e completándoos con aqueles datos e documentos que se consideren necesarios, en particular os requiridos para a súa inmatriculación no Rexistro da Propiedade.

De acordo cos feitos e fundamentos de dereito expostos, e tendo en conta o informe favorable do Servizo de Montes do día 9 de novembro de 2022, o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común acordou por unanimidade, o día 27 de febreiro de 2023:

Aprobar a proposta de revisión do esbozo do MVMC Touza, pertencente á CMVMC de Soutelo Verde e Carraxoó, no concello de Laza.

Ourense, 5 de xuño de 2023

Luis Jorge Álvarez Ferro
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense