Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2023 Páx. 38351

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Baralla (expediente IN407A 2022/262-2).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio: rúa A Batundeira, 2, Velle, Ourense.

Denominación: regulamentación LAMT BCR803 Corgo 3 entre os apoios CSAFWCRJ//59-35-14 e CBOL4UAX//59-35-42-CT (Baralla).

Situación: Concello de Baralla.

Características técnicas:

– Reforma da BCR803 derivada a CTI Busto 27A995, actualmente en apoios de madeira en mal estado, consistente en:

• LMT aérea existente con orixe no apoio existente CASFWCRJ//59-35-14 e final no apoio proxectado CATXJVEG//59-35-16, cunha lonxitude de 80 metros en condutor tipo LA-30 (retensado).

• LMT aérea proxectada con orixe no apoio proxectado CATXJVEG//59-35-16 e final no apoio existente CBOL4UAX//59-35-42-CT, cunha lonxitude de 1.419 metros en condutor tipo LA-56, tensados sobre 15 apoios de celosía metálica proxectados.

Finalidade da instalación: mellora de instalacións.

Orzamento: 42.274,25 euros.

– Documentación que se xunta:

• Separata para o Concello de Baralla.

• Separata para a Consellería do Medio Rural.

• Separata para a CHMS.

Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

resolve:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.

Segunda. O solicitante asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se consideren pertinente en dereito.

Lugo, 29 de maio de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo