Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2023 Páx. 38363

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 23 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a varios interesados a solicitude de declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Pantón (expediente IN407A 2023/31-2).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar, mediante este anuncio notifícase a todas as persoas interesadas a declaración de utilidade pública do proxecto de regulamentación LAMT MOF 808 Escairón-Saviñao 8 entre os apoios BN4CEQFQ//94 e BMOE04CF//102 Pantón (Lugo), segundo se sinala no cadro anexo.

Asemade, infórmase de que o expediente correspondente á instalación de referencia está á súa disposición, durante un prazo de trinta (30) días, nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de Lugo, na rolda da Muralla, núm. 70, 2º baixo (Servizo de Enerxía e Minas).

O proxecto tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación na seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/panton3

Lugo, 23 de maio de 2023

Gustavo José Casasola De Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO I

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de regulamentación LAMT MOF 808 Escairón-Saviñao 8 entre os apoios BN4CEQFQ//94 e BMOE04CF//102 Pantón (Lugo).

Concello: Pantón.

Expediente: IN407A 2023-31-2.

Declaración de utilidade pública

Predio núm.

Políg.

Parcela

Lugar

Propietarios

Cultivo

Apoio nº

Cantidade

Sup. m²

1

27

293

Viña da Aira

Descoñecido

Matogueira

BN30QQCB//95

1

2

3

11

46

Forcados

Descoñecido

Carballeira

BMW1MOV1//98

1

2