Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2023 Páx. 38310

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2023 pola que se nomea persoal funcionario de carreira da escala técnica superior de apoio á docencia e investigación, subescala de determinación estrutural e proteómica.

Unha vez recibida a proposta final do tribunal coas persoas candidatas que superaron o proceso selectivo e acreditado por esta o cumprimento dos requisitos establecidos na convocatoria e precisos para o seu nomeamento como funcionarias de carreira, cómpre considerar o seguinte.

Mediante a Resolución do 1 de decembro de 2021, publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 15 de decembro, convocouse o proceso selectivo para cubrir dúas prazas como persoal laboral fixo do grupo I, da categoría de técnico/a superior de determinación estrutural e proteómica, polo sistema de promoción interna e de acceso libre.

O 21 de decembro de 2021 publicouse a relación de postos de traballo (RPT) do persoal de administración e servizos (PAS) (Resolución do 2 de decembro), logo de negociación e acordo coa representación sindical do persoal laboral e funcionario de administración e servizos da Universidade de Vigo, que unifica nunha as dúas RPT preexistentes, unha do PAS sometido ao réxime laboral e outra do PAS regulado polo réxime funcionarial. Con este acordo, a totalidade do PAS da Universidade de Vigo pasa a figurar nunha única RPT que entrou en vigor, con efectos plenos o 1 de novembro de 2022, de acordo coa Instrución da Xerencia do 31 de outubro de 2022.

De xeito paralelo ao proceso negociador da RPT, as mesmas partes negociaron e acordaron a funcionarización voluntaria do PAS laboral, así como o procedemento mediante o que acadala a través do Acordo de funcionarización do persoal laboral fixo de administración e servizos. No seu anexo II establece a correspondencia entre as categorías profesionais do PAS laboral e as novas escalas e subescalas de PAS funcionario, para os efectos da súa integración nelas; concretamente, a categoría de técnico superior de determinación estrutural e proteómica integrouse na escala técnica superior de apoio á docencia e investigación, subescala de determinación estrutural e proteómica.

A continuación, convocáronse os procesos selectivos para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira nas escalas e subescalas propias desta universidade, mediante a Resolución do 10 de febreiro de 2022 (DOG do 22). Estes procesos concluíron mediante a Resolución do 27 de xullo de 2022, procedéndose ao nomeamento do persoal que os superou con efectos do 1 de novembro de 2022.

Resulta así que, no período transcorrido entre a convocatoria da praza (1 de decembro de 2021) e a resolución do proceso selectivo, modificouse a súa condición e réxime xurídico, pasando de laboral a funcionarial.

Por conseguinte, considerando todo o exposto, a incorporación da persoa que superou o proceso selectivo debe realizarse baixo o réxime de persoal funcionario e mediante o procedemento establecido no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia.

Consecuentemente, constatado o cumprimento do previsto nas letras a) e b) do devandito artigo, consonte o disposto nas leis de función pública e de acordo coas atribucións que me confire a Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo (BOE do 23), do Sistema universitario e os estatutos da Universidade de Vigo, esta reitoría

RESOLVE:

Primeiro. Nomear as persoas que se relacionan funcionarias de carreira da escala técnica superior de apoio á docencia e investigación, subescala de determinación estrutural e proteómica da Universidade de Vigo con especificación do destino adxudicado:

Berta Covelo Rodríguez, con DNI ***2917**,

Cód.

Denominación

D

CD

CE

FP

SG

Q

C

Escala

Sub.

Req..

Obs.

36113

PF13403

Técnico/a de determinación estrutural e proteómica

1

23

989,12

C

A1

M e T

V

Técnica superior de apoio á docencia e investigación

Determinación estrutural e proteómica

Paula Álvarez Chaver, con DNI ***0964**,

Cód.

Denominación

D

CD

CE

FP

SG

Q

C

Escala

Sub.

Req.

Obs.

36113

PF13404

Técnico/a de determinación estrutural e proteómica

1

23

989,12

C

A1

M e T

V

Técnica superior de apoio á docencia e investigación

Determinación estrutural e proteómica

Cód.: código

Q: quenda de traballo, M e T-mañá e tarde

D: dotación

C: campus, V- Vigo

CD: complemento de destino

Sub.: subescala

CE: complemento específico

Req.: requisitos

FP: forma de provisión, C- concurso

Obs.: observacións

SG: subgrupo de clasificación

Segundo. Para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira, deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia, e tomar posesión do posto de traballo, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, as persoas interesadas poderán optar por interpoñer contra esta resolución un recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, perante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 8 de xuño de 2023

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo