Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2023 Páx. 38382

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 24 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se fai pública a transmisión da titularidade dos parques de cultivos mariños números 512, 804, 806, 823 e 824.

Mediante este anuncio faise público que, pola Resolución da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería do Mar do 23 de maio de 2023, se autorizou a transmisión da titularidade dos parques de cultivos mariños que a seguir se describen:

– Parque 1:

Identificación e localización: parcela número 512 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 81,67 m2.

Data da resolución do outorgamento: 1.7.2019 (DOG núm. 131, do 11 de xullo).

Remate da vixencia: 12.7.2029.

– Parque 2:

Identificación e localización: parcela número 804 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 89,19 m2.

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril e DOG núm. 85, do 6 de maio (corr. erros).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

– Parque 3:

Identificación e localización: parcela número 806 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 72,90 m2.

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril e DOG núm. 85, do 6 de maio (corr. erros).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

– Parque 4:

Identificación e localización: parcela número 823 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 130,23 m2.

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril e DOG núm. 85, do 6 de maio (corr. erros).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

– Parque 5:

Identificación e localización: parcela número 824 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 331,32 m2.

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril e DOG núm. 85, do 6 de maio (corr. erros).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).

Tipo de transmisión: pacto de mellora.

Actuais titulares: Sergio Paz Jueguen (***7938**) e Francisco Paz Mouta (***2009**).

Novos titulares: Sergio Paz Jueguen (***7938**) e Francisco Javier Paz Jueguen (***6784**).

Os novos titulares subróganse no prazo, nos dereitos e nas obrigas dos anteriores.

Vigo, 24 de maio de 2023

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo