Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2023 Páx. 38392

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Turismo de Galicia

ANUNCIO do 1 de xuño de 2023, da Área Provincial de Turismo de Lugo, polo que se notifica a resolución do procedemento sancionador do 2 de febreiro de 2023 e o acordo de revogación do 13 de abril de 2023 (expediente LU-S-07/2022).

Intentada a notificación á persoa interesada que se relaciona no anexo da resolución do procedemento sancionador no expediente LU-S-07/2022, así como do acordo de revogación, non puido ser efectuada por causas non imputables á Administración.

Dado que estes actos non se publican na súa integridade, de conformidade co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os textos íntegros dos actos que se notifican atópanse a disposición da persoa interesada, co resto do expediente, nas dependencias da Área Provincial de Turismo de Lugo (rolda da Muralla, 70, Lugo), no prazo máximo de dez días hábiles, contados dende o día seguinte ao desta publicación no Boletín Oficial del Estado. De non comparecer no dito prazo, a notificación entenderase producida o día seguinte ao do vencemento do prazo.

Lugo, 1 de xuño de 2023

Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-S-07/2022.

Persoa denunciada: 33313570 W.

Establecemento: Bar Playa dos Castros.

Enderezo: lugar Praia dos Castros.

Localidade: Ribadeo.

Precepto infrinxido: artigo 16.1 e artigo 35.g) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Tipificación da infracción: artigo 109.2.a) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Cualificación: leve.

Iniciación: 15 de marzo de 2022.

Sanción: multa de cen euros (100 €).