Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 16 de xuño de 2023 Páx. 37596

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

EXTRACTO da Orde do 6 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a federacións deportivas de Galicia para o desenvolvemento do Plan Corresponsables a través da realización de actividades de animación sociodeportiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento DE402B).

BDNS (Identif.): 702258.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (https://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

Poderán ser entidades beneficiarias destas subvencións as federacións deportivas de Galicia inscritas no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia.

Segundo. Obxecto

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria de subvencións da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, en réxime de concorrencia competitiva, a federacións deportivas de Galicia, para o desenvolvemento do Plan Corresponsables a través de actividades de animación sociodeportiva.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 6 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a federacións deportivas de Galicia para o desenvolvemento do Plan Corresponsables a través da realización de actividades de animación sociodeportiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento DE402B).

Cuarto. Importe

Para o financiamento desta convocatoria destínase, con cargo á anualidade 2023, crédito por importe total de dous millóns setecentos setenta e tres mil noventa e cinco euros (2.773.095 €), con cargo á aplicación orzamentaria 06.02.441A.481.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

Quinto. Prazo para presentar as solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2023

Diego Calvo Pouso
Vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza
e Deportes