Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 16 de xuño de 2023 Páx. 37873

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 31 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se lles notifica aos solicitantes do dereito de asistencia xurídica gratuíta o requirimento de documentación acordada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra no expediente PR204A 2023/3162-4 e catro máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo o requirimento de documentación acordado pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de editos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro do requirimento que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición da persoa interesada na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra (avenida María Victoria Moreno, núm. 43, 9º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).

O requirimento suspende o prazo para ditar a resolución sobre o dereito á asistencia xurídica gratuíta polo tempo que medie entre aquel e o seu efectivo cumprimento por parte da persoa destinataria ou, de non o cumprir, polo transcurso do prazo recollido no requirimento para cumprilo.

O prazo do que dispón a persoa solicitante do dereito para achegar a documentación requirida é de dez (10) días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de editos único do Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a Comisión ditará resolución, que poderá ser de denegación do recoñecemento do dereito por non xustificar o solicitante, como é a súa obriga, que reúne os requisitos previstos na lei.

Pontevedra, 31 de maio de 2023

Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

DNI/NIE/pasaporte

PR204A 2023/3162-4

36175586J

PR204A 2023/3264-4

35636345F

PR204A 2023/3462-4

77415499Y

PR204A 2023/3469-4

77415499Y

PR204A 2023/3599-4

0AV004446