Mediante a Resolución da Alcaldía 491/2023, do 11 de maio, nomeouse a Pedro Antonio Prieto Seijas, con DNI ***0696**, funcionario de carreira do Concello de Fene, dunha praza de conserxe, pertencente á escala da Administración xeral, subescala subalterna, incluída na OEP de 2021.
O que se fai público para os efectos dos artigos 62 do TREBEP e 60 da LEPG.
Así mesmo, declarouse deserto o proceso de selección para a cobertura en quenda de promoción interna e mediante persoal funcionario de carreira dunha praza pertencente á escala da Administración xeral/especial, subescala subalterna/servizos especiais, clase de persoal de oficios, vacante no cadro de persoal funcionario do Concello de Fene e incluída na OEP de 2021.
Fene, 19 de maio de 2023
Juventino José Trigo Rey
Alcalde