Mediante a Resolución da Valedora do Pobo do 6 de marzo de 2023 aprobouse a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo da xefatura do Servizo de Administración e Persoal da Valedora do Pobo.
A convocatoria publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 52, do 15 de marzo de 2023, e no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia nº 469, do 20 de marzo de 2023.
Unha vez finalizada a tramitación do procedemento, en exercicio das funcións que me atribúe a Lei 6/1984, do 5 de xuño, do Valedor do Pobo, e o artigo 7.l) do Regulamento de organización e funcionamento da institución do Valedor do Pobo,
RESOLVO:
Nomear a Santiago González Serrano como xefe do Servizo de Administración e Persoal da Valedora do Pobo.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Valedora do Pobo, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data.
Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2023
María Dolores Fernández Galiño
Valedora do Pobo