Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 16 de xuño de 2023 Páx. 37907

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 29 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente aval AV/0377 do que deriva a Resolución do 21 de abril de 2023.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da devandita Lei 39/2015, emprázase a entidade interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo director xeral de Política Financeira e Tesouro.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro destes actos deberá efectuarse no prazo de 10 días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta dirección xeral (Consellería de Facenda e Administración Pública), sita no Edificio Administrativo San Caetano, bloque 3, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, polo que os prazos computaranse desde esta publicación.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2023

David Cabañó Fernández
Director xeral de Política Financeira e Tesouro

ANEXO

Expediente aval AV/0377: Resolución da Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro do 21 de abril de 2023.

Interesada: Bodeal, S.L.

Acto notificado: resolución pola que se declara a existencia dun crédito a favor da Tesouraría da Comunidade Autónoma contra a entidade mercantil Bodeal, S.L., e o inicio do procedemento para a súa reclamación, ao abeiro do disposto no artigo 10 do Decreto 284/1994, do 15 de setembro, que regula a concesión de avais do Igape.