Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 16 de xuño de 2023 Páx. 37932

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 8 de xuño de 2023, do Servizo Provincial de Pontevedra, polo que se notifica o levantamento de actas previas á ocupación ao non poder efectuarse as correspondentes notificacións no expediente de expropiación forzosa para a obra de clave PO/22/117.06.01.

Para os efectos de coñecemento dos interesados, resultando infrutuosos os intentos de notificación e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, polo presente anuncio notificase ás persoas sinaladas no anexo, o levantamento de actas previas á ocupación do expediente expropiatorio polas obras do proxecto «de trazado de aparcadoiros disuasorios para o fomento do vehículo compartido asociados á implantación de zonas de baixas emisións nas cidades galegas VG-4.3, AG-41 y PO-305» que terán lugar no Concello de Vilagarcía de Arousa o día 22 de xuño de 2023.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre bens afectados, por si mesmos ou representados por persoal debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade que invocan.

As persoas poden tomar vista do expediente no Servicio Provincial de Pontevedra sito na avenida María Victoria Moreno, 43, 1º, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas.

A eficacia de esta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 8 de xuño de 2023

Manuel Ángel González Juanatey
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra

ANEXO

Predio

Ref. catastral

Persoa interesada

Data

Hora

1

36060A040003950000GO

En Investigación

22.6.2023

10.00