De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentadas as notificacións persoais nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
Os actos foron adoptados polo xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, na rúa Alcalde Hevia, 7, 4º andar, Pontevedra.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, as notificacións entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Pontevedra, 1 de xuño de 2023
Margarita Cabaleiro Viñas
Xefa da Área Provincial de Pontevedra
anexo
Expediente: ES-P-067/22.
DNI: 35247360K.
Acto obxecto de notificación: proposta.