Mediante a Orde do 25 de abril de 2023, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 88, do 9 de maio de 2023, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.
De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 27 do Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, aprobado polo Decreto 151/2022, do 4 de agosto, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei,
DISPOÑO:
Primeiro. Resolver a convocatoria e adxudicarlle destino á persoa funcionaria de carreira cuxos datos se sinalan no anexo desta orde, seleccionada conforme o establecido nas bases da convocatoria realizada pola Orde desta consellería do 9 de maio de 2023, no posto de traballo que se indica no mesmo anexo.
Segundo. O cesamento no actual destino producirase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días hábiles a partir do seguinte ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun mes, de conformidade co establecido no artigo 8 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico.
O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando finalicen os permisos ou licenzas que, se é o caso, fosen concedidos á persoa interesada. Nos supostos de incapacidade temporal, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.
Terceiro. A xefatura do centro en que cause baixa o persoal funcionario, así como a daquel en que obteña destino, consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.
Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2023
Francisco José Conde López
Vicepresidente primeiro e conselleiro
de Economía, Industria e Innovación
ANEXO
Apelidos e nome: Casasola de Cabo, Gustavo José.
DNI: ***9056**.
Grupo/subgrupo: A2.
Corpo/escala: corpo facultativo de grao medio, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade enxeñaría técnica de minas.
Código de posto: EI.C99.10.000.27001.001.
Denominación do posto: xefe/a territorial.
Nivel: 28.
Dependencia: Xefatura Territorial de Lugo.
Localidade: Lugo.
* O DNI amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.