Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 15 de xuño de 2023 Páx. 37508

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Fondo Galego de Garantía Agraria

ANUNCIO do 31 de maio de 2023 polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia da resolución do procedemento de perda do dereito ao cobramento das subvencións (expediente 1232039000021 e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas a resolución do procedemento de perda do dereito ao cobramento do importe das axudas do Feaga/Feader das que foron beneficiarias, por resultaren infrutuosos os diferentes intentos realizados por correo certificado, ademais da súa posta á disposición na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Para coñecer o contido íntegro da citada resolución, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), sito na rúa Irmandiños, s/n, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Este anuncio publícase para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2023

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria

ANEXO

Expediente

NIF

Acto notificado

1232039000021

Y5222544V

Resolución de procedemento de perda do dereito ao cobramento da subvención

1232058000006

34956877M

Resolución de procedemento de perda do dereito ao cobramento da subvención

1236052000323

52480436W

Resolución de procedemento de perda do dereito ao cobramento da subvención

1227051000102

33539658T

Resolución de procedemento de perda do dereito ao cobramento da subvención