Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 15 de xuño de 2023 Páx. 37382

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2023, da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto vacante de xefatura de persoal licenciado sanitario.

Mediante a Resolución, do 4 de abril de 2023 (DOG núm. 72, do 14 de abril), convocouse para a súa provisión, polo sistema de libre designación, un posto vacante de xefatura de persoal licenciado sanitario, do nivel asistencial de atención primaria.

De acordo co disposto nas bases da convocatoria, logo do informe da Dirección de Atención Primaria, a que se fai referencia na base quinta.

Esta xerencia, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, na Orde do 22 de abril de 2020 (DOG núm. 82, do 29 de abril) de delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde e na Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, e no Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 204, do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia,

ACORDA:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión do posto vacante de xefatura de persoal licenciado sanitario do nivel asistencial de atención primaria, anunciado mediante a Resolución, do 4 de abril de 2023 (DOG núm. 72, do 14 de abril).

Segundo. Nomear no posto convocado a persoa que se cita no anexo desta resolución.

Terceiro. A profesional nomeada deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a esta publicación.

Cuarto. A toma de posesión, do posto de traballo adxudicado, deberá efectuarse dentro dos dous días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisorio, ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada da persoa interesada, os prazos, a que se refiren os parágrafos anteriores, poderán ser prorrogados polo xerente da Área Sanitaria.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado/a nesta situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Quinto. Contra esta resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo de un mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Ourense, 6 de xuño de 2023

Félix Rubial Bernárdez
Xerente de Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

ANEXO

Denominación do posto: xefe/a do Servizo de Atención Primaria de Bande.

Nome e apelidos: Alba Sánchez Nieto.

DNI: ***6061**.

Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal de acordo coa disposición adicional sétima da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.