Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 15 de xuño de 2023 Páx. 37390

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 31 de maio de 2023, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, polo que se comunica a publicación da convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de persoal licenciado sanitario de xefatura de servizo en Atención Primaria.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, modificado pola Lei 4/2020, do 28 de xaneiro, de medidas fiscais e administrativas (DOG núm. 19, do 29 de xaneiro), e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño) pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e no uso das atribucións conferidas polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia (DOG núm. 204, do 25 de outubro), o xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo procedemento de libre designación, varios postos de persoal licenciado sanitario de xefatura de servizo en Atención Primaria, relacionados no anexo I.

Segundo. As retribucións dos postos ofertados serán as que correspondan de acordo coa orde anual pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse, preferentemente, no Rexistro da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, sito na rúa Loureiro Crespo, nº 2, de Pontevedra, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo quince días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios de Dirección e na intranet da Área Sanitaria de Pontevedra e o Salnés, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), na epígrafe Recursos Humanos-Desenvolvemento Profesional.

Pontevedra, 31 de maio de 2023

José Manuel Flores Arias
Xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

ANEXO I

Praza

Código

Denominación da praza

Servizo/Unidade

SF-A1-250

Xefatura de servizo de Atención Primaria

Servizo de Atención Primaria de Marín

SF-A1-250

Xefatura de servizo de Atención Primaria

Servizo de Atención Primaria de Poio-Anafáns (Poio)

SF-A1-250

Xefatura de servizo de Atención Primaria

Servizo de Atención Primaria de Vilanova de Arousa