Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 15 de xuño de 2023 Páx. 37476

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 29 de maio de 2023, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, polo que se notifica a resolución do procedemento de responsabilidade patrimonial no expediente RP-2021-0013-L, devolta polo servizo de Correos.

O 28 de abril de 2023, o conselleiro de Sanidade ditou resolución relativa á reclamación de responsabilidade patrimonial que formulou a persoa reclamante que se sinala no anexo deste anuncio.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a devandita resolución, que foi devolta polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Así mesmo, e como queira que segundo o artigo 46 da devandita Lei 39/2015, do 1 de outubro, a publicación da resolución pode lesionar dereitos ou intereses lexítimos, esta cédula limitarase á publicación, como anexo, dunha somera indicación do contido do acto e do lugar onde a persoa interesada poderá comparecer en prazo, para coñecemento do contido íntegro do devandito acto e constancia de tal coñecemento.

Lémbrase que a citada resolución pon fin á vía administrativa de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Contra ela poderá interpor recurso contencioso-administrativo de acordo co que establece o artigo 14.1, na súa regra segunda, da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. O prazo será de dous meses, contados desde o día seguinte ao da notificación, de conformidade co artigo 46 da referida lei xurisdicional.

A eficacia desta notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2023

Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade

ANEXO

Núm. de expediente: RP-2021-0013-L.

Reclamante: 77597561T.

Último enderezo coñecido: rúa Antón Fraguas, núm. 1, 1º A, 27001 Lugo.

Contido da notificación: resolución do conselleiro de Sanidade con data do 28.4.2023 relativa á reclamación de responsabilidade patrimonial presentada.

Lugar de comparecencia: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, Edificio Administrativo de San Lázaro, 15703 Santiago de Compostela.

Prazo de comparecencia: 10 días.