Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 15 de xuño de 2023 Páx. 37090

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 63/2023, do 14 de xuño, polo que se dispón que cese María Jesús Lorenzana Somoza como conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade.

De conformidade co artigo 16.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e co artigo 26.1 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Que cese, por pase a outro destino, na súa condición de conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana Somoza, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, catorce de xuño de dous mil vinte e tres

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente