Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 14 de xuño de 2023 Páx. 37068

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO da aprobación inicial da revisión do Plan parcial do SU 9, en Festiñanzo, parroquia de Dorrón (expediente 2019003826).

A Xunta de Goberno local, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 12 de maio de 2023, acordou prestar aprobación inicial á revisión do Plan parcial do SU 9, en Festiñanzo, parroquia de Dorrón, promovida pola Xunta de Compensación do ámbito.

De conformidade co establecido no artigo 75 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, exponse o expediente a información pública durante o prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de máis ampla difusión da provincia, co obxecto de que se poidan formular as alegacións que se consideren procedentes.

O documento inicialmente aprobado pode consultarse no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Sanxenxo (https://concellodesanxenxo.sedelectronica.gal) e nas dependencias municipais do Servizo de Urbanismo do Concello de Sanxenxo, logo de cita no teléfono 986 72 00 75.

Sanxenxo, 19 de maio de 2023

Telmo Martín González
Alcalde presidente