Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 14 de xuño de 2023 Páx. 37041

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 29 de maio de 2023 polo que se notifica a resolución do recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 12 de decembro de 2017 recaída no expediente de reposición da legalidade urbanística PON/122/2016-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 12 de abril de 2023, resolución pola que se desestima o recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 12 de decembro de 2017, recaída no expediente de reposición da legalidade urbanística PON/122/2016-RP1, ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución ao interesado con documento nacional de identidade número 35247669P, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado a dita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica atópase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a dita resolución, que é definitiva en vía administrativa, o interesado pode interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste, e lle sirva de notificación ao citado interesado en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2023

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística