Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 14 de xuño de 2023 Páx. 37037

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 25 de maio de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-FE-0137/2023-PPM e cinco máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-FE-0137/2023-PPM e cinco máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o prazo para presentar alegacións computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, nº 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento, as persoas interesadas teñen dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, de acordo co artigo 53.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de 15 días para presentar cantas alegacións, documentos ou informacións consideren pertinentes e, se é o caso, propor proba en que se concreten os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

De non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo anteriormente citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de conformidade co disposto no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 25 de maio de 2023

María José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que
se notifica

Enderezo

PSC-FE-0137/2023-PPM

32705084G

Inicio

Camiño do Castro da Quinta, 60, Narón

PSC-FE-0157/2023-V

47369859W

Inicio

Rúa Monte das Moas, 20, 4º C, A Coruña

PSC-FE-0172/2023-PPM

78800269S

Inicio

Rúa Piñeiro, 5, Cee

PSC-FE-0178/2023-PPM

76965595M

Inicio

Lugar Magdalena, 52, Escarabote, Boiro

PSC-FE-0180/2023-PPM

49914287D

Inicio

Lugar do Portiño, 13, A Coruña

PSC-FE-0181/2023-PPM

32845821G

Inicio

Grupo María Pita Labañou, 18, baixo, esqda., A Coruña