Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 13 de xuño de 2023 Páx. 36405

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se procede á publicación das axudas concedidas en virtude da Orde do 31 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á creación e/ou funcionamento de gabinetes técnicos en materia de igualdade laboral e de oportunidades e contra a fenda salarial, e se procede á súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2023 (código de procedemento TR807J).

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia, se resolve proceder á publicación das subvencións concedidas que se indican no anexo a esta resolución.

Finalidade da subvención: esta orde ten por obxeto subvencionar a creación e/ou funcionamiento de gabinetes técnicos en materia de igualdade laboral e de oportunidades e contra a fenda salarial.

Norma reguladora: Orde do 31 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas destinadas á creación e/ou funcionamento de gabinetes técnicos en materia de igualdade laboral e de oportunidades e contra a fenda salarial e se procede á súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2023.

Aplicación orzamentaria 11.40.324A.480.6.

Crédito orzamentario: 400.000,00 € que se distribúe en:

50 % para asociacións empresariais e o 50 % restante para as organizacións sindicais intersectoriais.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2023

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Solicitante

CIF

Contía concedida

Unión General de Trabajadores de Galicia

G15383011

60.521,05 €

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

G15103112

58.000,00 €

Confederación intersindical galega

G36706927

71.468,13 €

Central sindical independente e de funcionarios

G79514378

10.010,82 €

Confederación empresarios de Galicia

G15080476

200.000,00 €