Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas identificadas no anexo a resolución de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, ben por resultar descoñecido o seu domicilio, ben porque, logo de dous intentos de notificación, esta non se puido efectuar.
A resolución foi ditada pola persoa titular da xefatura territorial, cuxo texto íntegro, así como o seu respectivo expediente, estan á disposición da persoa interesada na sede da Xefatura Territorial de Ourense, avenida de La Habana, 79, 1º, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A resolución mencionada non pon fin á vía administrativa, polo que pode ser impugnada en alzada diante da persoa titular da Dirección Xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Logo de transcorrer o dito prazo sen que conste a interposición de recurso, a resolución será firme.
Ourense, 19 de maio de 2023
Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense
ANEXO
Núm. expediente |
DNI/NIE |
Acto notificado |
OU-2015/00204 |
76709012X |
Resolución de cancelación da inscrición |
OU-2016/00085 |
Y1975345G |
Resolución de cancelación da inscrición |