Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 12 de xuño de 2023 Páx. 36216

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Lousatex, S. Coop. Galega

ANUNCIO de disolución e nomeamento de liquidadoras da cooperativa.

Na asemblea xeral extraordinaria que tivo lugar no domicilio social o día 10 de febreiro de 2023, ás 17.00 horas, con asistencia da totalidade das socias da Sociedade Cooperativa Lousatex, S. Coop. Galega, adoptouse por unanimidade o seguinte acordo de disolución, liquidación e extinción da cooperativa:

– A asemblea, por unanimidade das socias presentes, acorda, de conformidade co disposto nos artigos 62 e 63 dos estatutos, e no artigo 86.a) e 89 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, proceder á súa disolución e liquidación, con todos os efectos legais inherentes aos devanditos acordos.

– A asemblea, por unanimidade de todas as presentes, acorda designar como liquidadoras, para realizar as operacións que resulten necesarias para a liquidación da sociedade a Ana Isabel Pose Santos e a María Victoria Nieto Filgueira; con DNI núm. ***6877** e ***6757**, respectivamente; con domicilio a primeira en Arselles-Camboño, 1, e a segunda, en Aldea Grande, núm. 22, en Lousame; ambas de nacionalidade española.

As elixidas aceptan o cargo ante a propia asemblea xeral e manifestan non estaren incursas en ningunha das incompatibilidades e incapacidades para o seu exercicio, contidas no artigo 38 dos estatutos e 48 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e demais normativa aplicable.

Lousame, 4 de maio de 2023

María Victoria Nieto Filgueira
Ana Isabel Pose Santos
Liquidadoras