Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 12 de xuño de 2023 Páx. 36182

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Federación Gallega de Asociaciones y Gremios de Joyeros, Relojeros y Plateros.

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta dirección xeral se acordou depositar o acordo de modificación dos estatutos da Federación Gallega de Asociaciones y Gremios de Joyeros, Relojeros y Plateros (https://expinterweb.mites.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos).

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: organización profesional de empresarios de xoiaría, prataría e reloxaría, para a representación, xestión, defensa e fomento dos intereses profesionais, xerais e comúns dos seus membros, sen ningunha discriminación.

– Asinantes: Óscar Rodríguez Blanco e José Carlos García Cumplido.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2023

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais