Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 12 de xuño de 2023 Páx. 36176

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ANUNCIO do 31 de maio de 2023 de citación no procedemento SXRH-PD-4/23.

O instrutor do procedemento SXRH-PD-4/23 tentou facer entrega do prego de cargos á persoa interesada. Os intentos de notificación realizáronse no domicilio da persoa interesada, a través do servizo de Correos, e tamén mediante a posta á disposición electrónica, intentos que resultaron infrutuosos. Por tal motivo, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á publicación deste anuncio para que sirva de notificación á persoa interesada. A continuación identifícanse a persoa, a referencia do procedemento e o trámite a que se convoca: Persoa citada: 34251442A. Procedemento: SXRH-PD-4/23. Trámite: citación para o día 23.6.2023, ás 11.00 horas, nas dependencias do Servizo Territorial de Inspección Educativa da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades de Lugo (sita na rolda da Muralla, nº 70, 2º andar, na cidade de Lugo), co obxecto de comparecer perante o instrutor para facerlle entrega do prego de cargos. Se a persoa citada non comparece na data indicada, continuarase o procedemento cos actos que resulten procedentes en dereito.

Lugo, 31 de maio de 2023

Rubén Vázquez Rodríguez
Instrutor