Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 12 de xuño de 2023 Páx. 36172

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 23 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente ANI-OU-41/2023-V e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para ser notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado por quen se indica no anexo.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, sita na avenida de La Habana, nº 79, 5ª planta (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 23 de maio de 2023

Victoria Núñez López
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente

Interesado

Acto de notificación

Acto adoptado

ANI-OU-41/2023-V

34630754E

Acordo de incoación de procedemento sancionador

Pola xefa territorial

ANI-OU-42/2023-V

X2888340T

Acordo de incoación de procedemento sancionador

Pola xefa territorial

ANP-OU-17/2023-V

72314191Y

Acordo de incoación de procedemento sancionador

Pola xefa territorial