Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 12 de xuño de 2023 Páx. 36132

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 5 de xuño de 2023, da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, polo que se modifica o Anuncio do 20 de abril de 2023, polo que se dá publicidade á resolución, da mesma data, pola que se convoca para a súa provisión, polo procedemento de avaliación colexiada, un posto vacante de persoal licenciado sanitario (xefe/a de sección de Investigación).

Mediante a Resolución do 20 de abril de 2023, da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, anunciada no DOG núm. 83, do 2 de maio, convocouse para súa provisión, polo procedemento de avaliación colexiada, un posto vacante de persoal licenciado sanitario (xefe/a de sección de Investigación da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras).

Advertido erro na citada resolución, de acordo co disposto no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

DISPÓN:

Primeiro. No citado anuncio na páxina 27084 indícase que: «As bases íntegras da citada convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras e na páxina web do Sergas (www.sergas.es)».

Nestas bases íntegras faise a seguinte modificación:

Na base cuarta da Resolución do 20 de abril de 2023, da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, os requisitos para participar na convocatoria, alínea c), onde di: «estar en posesión do título de licenciado/a ou doutor/a en Medicina e Cirurxía e ademais posuír o título dalgunha especialidade que habilite para acceder a prazas básicas de licenciado/a sanitario, de atención hospitalaria, expedido polo Ministerio de Educación e Formación Profesional», debe dicir: «estar en posesión do título universitario de grao ou licenciado/a ou doutor/a e ademais posuír o título de algunha especialidade que habilite para acceder a prazas básicas de licenciado/a sanitario, de atención hospitalaria, expedido polo Ministerio de Educación e Formación Profesional».

Segundo. Conceder un novo prazo de quince días hábiles, contado desde o seguinte a aquel en que teña lugar a publicación desta corrección de erros no Diario Oficial de Galicia para a presentación de solicitudes.

Ourense, 5 de xuño de 2023

Félix Rubial Bernárdez
Xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras