Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 9 de xuño de 2023 Páx. 35958

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 19 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se comunican a data de ocupación e o requirimento das follas de valoración nun expediente de expropiación no concello de Baños de Molgas (expediente IN407A 2022/37-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar... », mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada instalación interruptor TC no apoio núm. 54 da LMTA SRS803, no concello de Baños de Molgas, correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo.

Ourense, 19 maio de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2022/37-3.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: instalación interruptor TC no apoio núm. 54 da LMTA SRS803.

Concello: Baños de Molgas.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Incidencia

Data de ocupación

1

Auga Ferra

32008A034006090000EB

Herdeiros de Verísimo Bedeiredo Puente

Enderezo descoñecido

18.5.2023