Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:
Peticionaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: rúa A Batundeira, 2, Velle Ourense.
Denominación: reglamentación LMTA CHA813-derivada a CT 27C165 (O Saviñao).
Situación: concello do Saviñao.
Características técnicas principais:
• Substitución do CT de Caseta Forcados 50 kVA (27C165) (expediente 243/2016-REG) por un CT Intemperie de 50 kVA relación de transformación 20.000/400-230 V sobre apoio metálico tipo C-14/3000 e demolición da caseta do CT existente.
• LMT aérea a 20 kV derivada a CT 27C165, con orixe no apoio existente núm. D110-21 da LMTA CHA813 e final no apoio proxectado D110-21-A-4-CT tipo C-14/3000, cunha lonxitude de 1.494 metros en condutor tipo LA-56 tensado sobre 11 apoios novos de celosía metálica.
• LMT soterrada a 20 kV derivada a CT 27C165, con orixe no apoio núm. D110-21-A-21 proxectado da LMTA CHA813 derivación a CT 27C165 e final no apoio núm. D110-21-A-22 proxectado da LMTA CHA813 derivación a CT 27C165, cunha lonxitude de 41 metros en condutor RHZ1-95 mm.
Finalidade da instalación: mellora das instalacións.
Orzamento: 57.390,02 euros.
Documentación que se xunta:
• Separata para o Concello do Saviñao.
• Separata para a Deputación Provincial de Lugo.
• Separata para a Consellería de Cultura e Turismo.
Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,
RESOLVE:
En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:
Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.
Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.
Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.
En relación coa instalación de baixa tensión, deberase observar o disposto no artigo 18 do Real decreto 842/2002 para a súa posta en servizo, así como na súa Instrución ITC-BT-04 e, no seu momento, deberase achegar a documentación exixida con carácter previo á posta en servizo da instalación, para a súa revisión por esta Administración e posterior inscrición da instalación no correspondente rexistro.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.
Lugo, 16 de maio de 2023
Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo