Expediente: IN407A 2022/399-1.
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: regulamentación LAMT MEI-823 encoro 23 entre os apoios AAD2MMCS//104-A1 e AADJTRXO//104-A6.
Situación: concello de Tordoia.
Características técnicas:
– Modificación, sen alterar a súa actual traza, do treito da liña MEI-823 autorizado no expediente 34.972, de 596,8 metros de lonxitude en condutor tipo LA-30, comprendido entre os seus apoios nº 104-A2 (matrícula AAD45IE2) de formigón tipo S-AL-HV-250/11-BR1-3×CS e nº 104-A6 (matrícula AADJTRXO) de formigón tipo S-AL-HV-250/13-BR1-3×CS/CR1-3xCA, consistente en:
– Substitución, respectando a súa actual localización na parcela con referencia catastral 15085A50200302, do apoio nº 104-A3 (matrícula AAD9DLLC) de formigón tipo S-AL-HV-BR1-3×CS, polo novo apoio metálico de celosía tipo A-AL-C-2000/16-T35/180-6xCA(CS).
– Substitución, respectando a súa actual localización na parcela con referencia catastral 15085A50200303, do apoio nº 104-A4 (matrícula AADCDDOR) de formigón tipo S-AL-HV-BR1-3×CS, polo novo apoio metálico de celosía tipo A-AL-C-2000/18-T35/180-6xCA(CS).
– Instalación no apoio nº 104-A5 (matrícula AADICVWC) de formigón tipo S-AL-HV-250/13-BR1-3×CS, que se mantén, dunha nova cruceta tipo bóveda B2-3×CS.
– Retensado do condutor tipo LA-30 (condutor existente), no treito da liña MEI-823 de 673,6 metros de lonxitude comprendido entre os apoios nº 104-A1 (matrícula AAD2MMCS) de formigón tipo S-AL-HV-250/13-BR1-3xCS existente e nº 104-A6 existentes.
Lexislación de aplicación:
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta a este acordo.
A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.
Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren adecuadas no prazo de trinta (30) días, contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.
Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:
https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte.
A Coruña, 15 de maio de 2023
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados
Denominación: regulamentación LAMT MEI-823 encoro 23 entre os apoios AAD2MMCS//104-A1 e AAD-JTRXO//104-A6.
Situación: concello de Tordoia
Parcela proxecto |
Propietario/titular |
Referencia catastral |
Lugar |
Afección pleno dominio (LMT, CT e/ou apoios) |
LMT aérea-voo (servidume de paso de enerxía eléctrica) |
Natureza do terreo |
||
Nº do apoio |
Superficie (m2) |
Lonxitude (m) |
Superficie (m2) |
|||||
1 |
Estrella Vilariño Couselo |
15085A50200302 polígono 502, parcela 302 |
Beira do Río |
Novo apoio nº 104-A3 |
2 |
Prados ou pradarías |
||
2 |
Manuel Becerra Pena |
15085A50200303 polígono 502, parcela 303 |
Beira do Río |
Novo apoio nº 104-A4 |
2 |
Eucaliptos. Prados ou pradarías |