Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 9 de xuño de 2023 Páx. 35909

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2023/260-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: soterramento LMT VAA714 aos CCTT Barrocas II (36AW46) e Freixo (36C484) e instalación de CT Valadares.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1, en tres actuacións. A primeira é de 11 metros, con orixe no apoio proxectado C-3000-14 e final no centro de transformación proxectado. A segunda é de 172 metros, con orixe no centro de transformación proxectado e final no apoio existente con matrícula 9WEDXA06//23. A terceira é de 795 metros, con orixe no centro de transformación proxectado e final no apoio proxectado C-2000-12 con matrícula 9W37SDS9//22-A10.

Centro de transformación (CT) a 400 kVA, con relación de transformación 15 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 54057A209004920000YM.

Retensado dos vans contiguos aos apoios proxectados C-3000-14 e C-2000-12.

A instalación está situada na parroquia de Valadares, no municipio de Vigo (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 15 de maio de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2023/260-4.

Denominación: soterramento LMT VAA714 aos CCTT Barrocas II (36AW46) e Freixo (36C484) e instalación de CT Valadares.

Concello: Vigo.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titulares

CT (m2)

Apoio

Afeccións

m2

ml sub.

m2 sub.

1

A Igrexa

Urbana

54057A209004920000YM

Francisco José Piñeiro Figueroa

Rosa María Piñeiro Figueroa

29,25

1

1,44

1,84

12,85