Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 9 de xuño de 2023 Páx. 36021

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Padrón

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal para a ampliación do polígono industrial Picusa, MP 7-PXOM 1994.

En cumprimento do establecido no artigo 60 da Lei 2/2016, do 1 de febreiro, do solo de Galicia, faise público que o Pleno da Corporación Municipal de Padrón, na sesión do 12 de maio de 2023, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal para ampliación do polígono industrial Picusa.

Durante o prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á derradeira publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia, todas as persoas interesadas poderán consultar o expediente na Secretaría do Concello de Padrón, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e presentar as alegacións ou suxestións que consideren oportunas. Igualmente, o expediente estará á disposición no portal de transparencia da sede electrónica deste concello na seguinte ligazón:

https://sede.padron.gal/etc/L01150657/2022U032000001/wetransfer_15065_mp07pxou_202305_ai_declaracion_responsable-pdf_2023-05-25_1254_diligenciado.zip

Quedan suspendidas as licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolición no ámbito da modificación puntual. Esta suspensión terá unha duración máxima de dous anos contados desde a aprobación inicial e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento.

Padrón, 2 de xuño de 2023

Antonio Fernández Angueira
Alcalde en funcións