Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Rosita e da concesión administrativa que a ampara, resulta:
a) Antecedentes:
Primeiro. Mediante escrito do 13 de maio de 2023, María Beatriz Mieites Deán solicitou autorización para a transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea Rosita.
Segundo. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.
b) Consideracións legais e técnicas:
Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro); e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia.
Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.
Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:
Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de María Beatriz Mieites Deán (***7793**), da concesión administrativa e do establecemento que se indica a seguir:
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Rosita.
Situación:
Cuadrícula nº: 58.
Polígono: B.
Distrito: Caramiñal (A Coruña).
Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante: concesión.
Orde de outorgamento: 25.2.1957.
Remate da vixencia: 15.12.2029.
Actual titular: Josefa Deán Sampedro (***8718**).
Nova titular: María Beatriz Mieites Deán (***7793**) (100% privativa).
A nova titular da concesión queda subrogada nos dereitos e nas obrigas da anterior.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
A Coruña, 19 de maio de 2023
A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
María José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña