Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 8 de xuño de 2023 Páx. 35683

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Foz (expediente IN407A 2022/232-2).

Visto o expediente para o outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Peticionario: Begasa.

Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.

Denominación: substitución de condutor nun tramo da LSAT 20 kV Cangas e seis tramos da LSAT 20 kV Foz.

Situación: concello de Foz.

Características técnicas principais:

Substitución dos condutores existentes tipo RHZ1-95 mm por condutores tipo HEPRZ1-240 mm no tramo seguinte da LSAT 20 kV Cangas.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Cangas en canalización existente, con orixe nun paso aéreo a soterrado existente no apoio A87614 e final nunha cela no CT 10050 Trébol existente, cunha lonxitude de 680 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

Substitución dos condutores existentes tipo RHZ1-95 mm por condutores tipo HEPRZ1-240 mm nos tramos seguintes da LSAT 20 kV Foz.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Foz en canalización existente, con orixe nunha cela do CT 8776 Arenal existente e final nunha cela do CT 4831 Latexos existente, cunha lonxitude de 280 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Foz en canalización existente, con orixe nunha cela do CT 7066 A. Cunqueiro existente e final nunha cela do CT 13426 Os Pallares existente, cunha lonxitude de 260 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Foz en canalización existente, con orixe nunha cela do CT 3974 Vizoso existente e final nunha cela do CT 7792 Casas Sindicales existente, cunha lonxitude de 660 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Foz en canalización existente, con orixe nunha cela do CT 14099 S. Francisco existente e final nunha cela do CT 8893 Praza existente, cunha lonxitude de 260 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Foz en canalización existente, con orixe nunha cela do CT 2612 Limoeiros existente e final nunha cela do CT 13685 Rifer 2 existente, cunha lonxitude de 310 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Foz en canalización existente, con orixe nunha cela do CT 6318 Piscina existente e final nunha cela do CT 7950 Ardey 2 existente, cunha lonxitude de 480 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

Finalidade da instalación: mellora de instalacións.

Orzamento: 107.034,05 euros.

Documentación que se xunta:

• Separata para o Concello de Foz.

Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVE:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción das ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.

Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento se deberán cumprir as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.

Lugo, 23 de maio de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo