Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 8 de xuño de 2023 Páx. 35637

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello do Porriño (expediente IN407A 2023/244-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTS, novo CS Láser Galicia.

Situación: O Porriño.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1-20L(AS) 12/20 kV 1×240 mm2 Al, de 22 metros de lonxitude, con orixe e final nos empalmes coas LMTS ATI7140179 e ATI7140171, facendo entrada e saída no centro de seccionamento (CS) proxectado.

Centro de seccionamento, 3L, 2 telecontroladas, con celas compactas e corte en SF6, situado na parcela con referencia catastral 001201200NG36C0001SM, no polígono A Granxa, rúa Paralela 2, parcela núm. 109.

Retirada do centro de seccionamento existente Laser Galicia, S.L. (36CLF3).

A instalación está situada no polígono A Granxa, rúa Paralela 2, parcela núm. 109, Atios, no municipio do Porriño (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto está á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 12 de maio de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Núm. expediente: IN407A 2023/244-4.

Denominación: LMTS, novo CS Láser Galicia.

Concello: O Porriño.

Núm.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

CS (m2)

1

Polígono A Granxa

Rústico

001201200NG36C0001SM

Faustino Patiño Barbeito

8,15