Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, dáse publicidade da actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a seguir se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:
1. Poder adxudicador:
1.1) Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.
1.2) Número de identificación fiscal: Q1500378C.
1.3) Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal: 15781.
1.4) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).
1.5) Código NUTS: ES111.
1.6) Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
1.7) Fax: 981 95 74 03.
1.8) Teléfono: 981 95 74 01.
1.9) Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/
1.10) Perfil de contratante:
http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216
Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/
2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:
2.1) Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.
2.2) Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.
3. Códigos CPV: 45246400-7 (obras de protección contra inundacións).
4. Código/s NUTS do lugar principal de localización principal das obras: ES111 Carballo (A Coruña).
5. Descrición do obxecto da licitación: obra de realización dun by-pass no río Anllóns, na zona de Muíño do Quinto, Carballo (A Coruña). Clave do expediente: OH.415.1211.
6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, polo trámite ordinario e contratación non suxeita a regulación harmonizada.
7. Orzamento base de licitación. Importe neto: 233.305,92 euros. Importe total: 282.300,16 euros.
8. Valor estimado do contrato: 233.305,92 euros. Coincide co orzamento base de licitación sen IVE.
9. Prazo de execución do contrato: 6 meses.
10. Criterios de adxudicación:
10.1) Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.
10.2) Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 41 %), memoria descritiva do proceso de execución da obra (ponderación 17 %), plan de control de calidade da execución da obra (ponderación 14 %), programa de construción da obra (ponderación 12 %), medidas para o impulso demográfico (ponderación 10 %), memoria das condicións ambientais de execución da obra e xestión de residuos (ponderación 4 %) e melloras de índole técnica vinculadas á execución da obra (ponderación 2 %).
11. Data da adxudicación do contrato: 10 de novembro de 2022.
12. Número de ofertas recibidas:
12.1) Ofertas totais: 5.
12.2) Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 4.
12.3) Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.
12.4) Ofertas por vía electrónica: si.
13. Data de formalización ou subscrición do contrato: 30 de novembro de 2022.
14. Empresa contratista:
14.1) Nome da empresa ou, de ser o caso, UTE: Vázquez y Reino, S.L.
14.2) NIF: B15618598.
14.3) Enderezo: avda. de Razo, 22, baixo, 15100 Carballo (A Coruña).
14.4) Código NUTS: ES111.
14.5) Correo electrónico: administracion@vazquezyreino.com
14.6) Fax: 981 75 55 32.
14.7) Teléfono: 981 75 57 88.
14.8) Pequena ou mediana empresa: si.
15. Valor da oferta seleccionada. Importe neto: 221.526,21 euros. Importe total: 268.046,71 euros.
16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:
Actuación cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
A actuación enmárcase dentro do programa operativo no obxectivo temático 5 «Promover a adaptación ao cambio climático e a prevención e xestión de riscos»; prioridade de investimento 5.2 «Fomento do investimento para facer fronte a riscos específicos, garantindo unha resiliencia fronte ás catástrofes e desenvolvendo sistemas de xestión de catástrofes»; obxectivo específico 5.2.1 «Fomento do investimento para a prevención e xestión de riscos específicos sobre as poboacións, incluíndo protección civil»; actuación 5.2.1.4 «Medidas de prevención e xestión das inundacións na demarcación hidrográfica Galicia-Costa» (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO); operación «Medidas para a prevención do risco de inundación na ARPSI río Anllóns CO 10-01-04».
Polo tanto, deberán observarse os criterios de elixibilidade, xestión, publicidade e control propios dos documentos de programación e da normativa comunitaria de aplicación ao Feder. Respectaranse, polo tanto, as normas de subvencionabilidade do gasto do programa operativo do citado fondo europeo, así como as normas de información e publicidade establecidas nas guías de publicidade e nas demais normas comunitarias que sexan de aplicación.
17. Servizo do cal se poida obter información sobre o contrato formalizado.
17.1) Nome: Contratación de Augas de Galicia.
17.2) Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.
17.3) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).
17.4) Código postal: 15781.
17.5) Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
17.6) Fax: 981 95 74 03.
17.7) Teléfono: 981 95 74 01.
18. Datos e referencia de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.
19. Información acerca do acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo acordo sobre contratación pública.
20. Outras informacións:
Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 23 de maio de 2022.
Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 10 de novembro de 2022.
Publicidade do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 1 de decembro de 2022.
Publicidade do anuncio de formalización do contrato no perfil de contratante: 9 de decembro de 2022.
Santiago de Compostela, 19 de maio de 2023
A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia